CULTURA
A Sociedade Filarmónica contará con nove músicos internacionais para a segunda tempada de concertos A Sociedade Filarmónica de Vilagarcía presentou hoxe o programa da II Temporada de Concertos nun acto presidido pola concelleira de Cultura, Sonia Outón, e no que participaron o presidente do colectivo, José Luis Sanz e a directora do Conservatorio Profesional de Vilagarcía, Rosina Sobrido. O programa inclúe a celebración de nove concertos a cargo de recoñecidos músicos de diferentes nacionalidades que tamén impartirán máster class e charlas coloquio aos alumnos do Conservatorio. Haberá un concerto cada mes, dende outubro a xuño.
29.09.2017.- O presidente da Sociedade explicou que á hora de elaborar a programación tívose en conta o desexo de apostar por músicos dun nivel moi alto, xovenes pero de gran proxección; aspecto no que incidiu a directora do Conservatorio que apuntou que a lista componde de intérpretes que xa forman parte dos circuítos internacionais máis prestixiosos e que están a tocar nas mellores salas de Europa.
A tempada abrirase o sábado 7 de outubro co recital de piano do francés Rémi Geniet e pecharase o 2 de xuño cunha gala musical a cargo da soprano Katerina Tetryakova e o pianista Ricardo Estrada.
Programa: 7 de Outubro de 2017 Rémi Geniet (piano)- Recital de piano (Obras de Beethoven e Prokofiev)
2 de Novembro de 2017 Anna Nilsen (violín) e Anna Petrova (piano)- Recital de violín e piano (Obras de Grieg e Saint Saens)
Venres 1 de Decembro de 2017 Diogenes Quartett - Cuarteto de Corda (Obras de Beethoven e Schubert)
Xoves 1 de Febreiro de 2018 Vanessa Benelli Mosell (piano) - Recital de piano (Obras de Scriabin, Rachmaninov, Debussy e Liszt
Sábado 17 de Marzo de 2018 Hercules Brass - Quinteto de metáis (Obras de Bach, Pirchner e Piqueras)
Xoves 26 de Abril de 2018 Lea Hennino (viola) e Anna Fedorova (piano) -Recital de viola e piano (Obras de Schubert, Brahms e Enescu)
Sábado 2 de Xuño de 2018 Katerina Tetryakova (sorpano) e Ricardo Estrada (piano) - Gala de voz e piano (Arias de ópera e zarzuela)
A concelleira Sonia Outón agradeceu esta aposta pola calidade, que fai de Vilagarcía todo un referente na música clásica en Galicia “e a principal razón pola que a Concellería apoiou dende o primeiro momento a iniciativa e a continuará apoiando prestándolle toda a nosa colaboración”
Os concertos será de balde para os socios da Sociedade Filarmónica mentres que a entrada para o público en xeral custará 18 euros. As localidades poderanse adquirir o mesmo día da actuación, no propio Auditorio, a partir das 19:00 horas. Os concertos comezarán sempre ás 21:00 horas.