_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FORMACIÓN
Aberto o prazo para inscribirse nas probas para obter o Certificado de Competencias Dixitais

Á Area de Formación e Emprego do Concello de Vilagarcía informa de que a Xunta de Galicia acaba de abrir o prazo de inscrición nas probas para obter o Certificado de Competencias Dixitais en Ofimática (CODIX) que as administración públicas comezarán a requirir ás persoas que participen nos seus procesos de selección de persoal ou oposición. A convocatoria publicouse no DOG do día de onte, establecéndose un prazo de 7 días naturais para formalizar a pre inscrición.
04.10.2017.- Na mesma resolución sinálanse os Contidos formativos do CODIX aos que se pode acceder a través dun programa de formación de libre acceso. A Aula CEMIT do Centro de Formación de Matosinhos será o lugar onde se realice o exame o próximo 16 de novembro. Poderán participar 17 persoas.

A Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia está a regular o proceso de obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, a través dun mecanismo normalizado de certificación, baseado tanto na formación como no proceso de acreditación destas competencias, que estea amparado pola lexislación vixente europea, estatal e autonómica e que sexa recoñecido e valorado tanto no ámbito público como no privado.

Por medio desta certificación, a persoa titular pode acreditar, ante as instancias públicas ou privadas, as súas competencias en tecnoloxías da información e as comunicacións en materia de ofimática.

Así, as certificacións, coa vixencia que se determine, poderanse valorar como mérito ou establecer como requisito de participación nos procesos de provisión de postos de traballo ou de selección de persoal e como base obxectiva para a promoción profesional, sempre de acordo cos termos que estableza a normativa reguladora da función pública da Xunta de Galicia.

A súa valoración en determinados procesos selectivos repercutiría directamente en aforro de custos (espazos físicos, infraestrutura de equipamento, RRHH técnicos de apoio etc.) para a Dirección Xeral de Función Pública e nunha maior axilidade e diminución de tempos na resolución do proceso. En paralelo, a persoa opositora reduce desprazamentos, con aforro de custos e tempos, e percibe unha imaxe de simplificación de trámites e coordinación entre departamentos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -