_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O Concello elevará as tapas de rexistro do saneamento da calzada da Avenida Rosalía de Castro

O condutores que circulan habitualmente cos seus vehículos pola Avenida Rosalía de Castro serán os principais beneficiarios da obra que o Concello levará a cabo nos vindeiros días para elevar as tapas de rexistro do saneamento existentes ao longo de toda a calzada . A proposta do concelleiro de Obras e Servizos, o Concello destina 8.250 euros a subsanar o problema que se arrastra dende finais de 2014, cando a Xunta asfaltou a vía pero non elevou as tapas ao novo nivel da capa de rodadura. Isto crea unha incomodidade e un risco para o tráfico rodado que atravesa esta importante arteria de Vilagarcía, xa que os condutores teñen que zigzaguear para evitar meter as rodas do vehículos nos buracos.
06.10.2017.-A Xunta Local de Goberno acordou esta semana adxudicar a actuación á empresa Construcciones y Deslizamientos de Galicia S.L. co obxecto de poñer fin a esta situación. Os traballos consistirán en dar máis alto ao pozo de rexistro para facer coincidir a tapa de fundición co nivel da capa asfáltica. Dado o groso do manto de conglomerado que se botou á calzada, as tapas do saneamento quedaron uns dez centímetros máis abaixo.

A actuación afectará a todos os rexistros do saneamento municipal situados na Avenida Rosalía de Castro, dende a rotonda de Carril ata a de O Ramal.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -