_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Vilagarcía abre os rexistros para anotarse como demandante ou arrendador no programa de vivendas baleiras

O programa de Vivendas Baleiras promovido a través da colaboración entre o Instituto Galego de Vivenda e Solo e a Federación Galega de Municipios e Provincias xa está en marcha en Vilagarcía. O Concello, que se adheriu o ano pasado á iniciativa, tras completar os trámites e constituírse a comisión de seguimento, abriu esta semana os procedementos para que demandantes de vivenda en réxime de aluguer e propietarios de vivendas baleiras poidan darse de alta nos correspondentes rexistros. As bases cos requisitos a cumprir por ambas partes, así como o procedemento para o funcionamento do programa pódense consultar no taboleiro de anuncios da web municipal, onde tamén están dispoñibles as solicitudes de incorporación de vivendas ao rexistro, inscrición como demandante de vivenda de aluguer e o modelo de contrato de arrendamento.
11.10.2017.- Este programa, ten como obxectivo mellorar o acceso á vivenda das persoas que por diversas razóns e circunstancias non poden polos seus propios medios acceder a ela a través do libre mercado. A idea é que as casas ou pisos en propiedade de entidades crediticias, das súas filiais inmobiliariais ou entidades de xestión de activos (principalmente obtidas como resultado de execución de hipotecas) sexan alugadas a prezos baixos ás persoas e familias máis necesitadas. Non obstante, o programa permite a inscrición voluntaria de vivendas baleiras propiedade de calquera persoa.

As vivendas a incorporar á bolsa deben someterse previamente a unha inspección que realizarán os servizos técnicos de Urbanismo para avaliar o estado e características das mesmas e as condicións de habitabilidade. De ser o caso, tamén deberán de indicar as obras a realizar no caso de precisar arranxos ou reformas que os propietarios deberán executar para poder pasar a formar parte da bolsa. A través destes informes e das características de cada vivenda, fixará unha cota máxima de arrendamento.

O convenio entre o IGVS e a Fegamp, establece tamén o prezo máximo do aluguer en función da entidade dos municipios. No caso de Vilagarcía, a cota non poderá superar os 300 euros mensuais.
Este convenio non só beneficiará aos inquilinos aos que se lle adxudiquen os alugueres. Os arrendadores tamén saen gañando xa que tanto a súa propiedade está plenamente asegurada a través dun seguro multirrisco do fogar que financiará o IGVS e que cubrirá todo o período do arrendamento, así como dun seguro da garantía de cobro da rendas nas mensualidades impagadas, ademais da asistencia e defensa xurídica dos arrendadores.

Ademais, no caso de que os arrendadores teñan que realizar obras por indicación expresa da inspección técnica previa, poden solicitar axudas a través da liña creada expresamente pola Xunta para subvencionar reformas en vivendas a incluír na bolsa deste programa autonómico.

REQUISITOS PARA SER INQUILINO

Segundo establece no convenio aprobado pola Xunta de Galicia, os requisitos que deben cumprir os posibles arrendatarios son atoparse en situación persoal ou familiar que supoña unha dificultade para acceder á vivenda de aluguer libre, acreditar a percepción de ingresos económicos mínimos, e non ter parentesco ata segundo grao coa persoa arrendadora.

Ademais terán preferencia de acceso as unidades familiares afectadas por procedementos de execución hipotecaria o en proceso de desafiuzamento por impago da súa vivenda habitual. Tamén terán prioridade as unidades familiares ou de convivencia con fillos menores así como familias numerosas e monoparentais con fillos ao cargo, Inclúense no grupo de colectivos preferentes as unidades familiares nas que existan mulleres vítimas de violencia de xénero, persoas maiores de 65 anos e dependentes.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -