_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Goberno central aproba o "manual de procedementos" que da vía libre á execución dos fondos FEDER

O ministerio de Facenda vén de comunicar ao Concello de Vilagarcía a aprobación do "manual de procedemento" que haberá de terse en conta na execución do proxecto "Vilagarcía Avanza", financiado con 5 millóns de euros a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Esta aprobación significa, de feito, a posta en marcha efectiva do plan. O vindeiro luns, a xunta local de goberno non só ratificará o "manual de procedemento", senón que aprobará a contratación da redacción dos primeiros proxectos a realizar dentro do "Vilagarcía Avanza".
14.10.2017.- Dende a concesión da axuda de 5 millóns de euros –a máxima á que podía optar o Concello, tendo en conta a súa poboación-, en outubro do ano pasado, representantes políticos e técnicos dos distintos departamentos implicados na execución (Secretaría, Intervención, Contratación ou Comunicación) asistiron a diversas reunións en Madrid e en Vilagarcía para ir deseñando as estratexias e os procedementos, ata rematar no manual agora aprobado por Madrid.

Para a voceira do grupo de goberno, Tania García, "os feitos desmenten ao portavoz do Partido Popular, que unha vez mais volve a demostrar o seu descoñecemento non só da xestión municipal senón do funcionamento dos fondos europeos, o cal é aínda máis grave se temos en conta que o señor Fole foi alcalde, o mesmo que deixou pasar a mesma convocatoria de fondos que o equipo de Alberto Varela si foi quen de conseguir". García Sanmartín lamenta, por iso, que quen foi incapaz de lograr eses fondos afirme agora, dende o descoñecemento ou as gañas de enganar aos veciños, que o concello tivo paralizado o proxecto, cando, como se acaba de comprobar, é o Goberno central quen acaba de aprobar o manual de procedemento e en todos estes meses non se deixou de traballar no seu deseño.

6,2 MILLÓNS DE INVESTIMENTO

En calquera caso, o que é evidente é que "Vilagarcía Avanza" é unha realidade que conta con 6,2 millóns de euros de investimento (5 de Europa e 1,2 do Concello). Como xa se informou no seu día, o ámbito de actuación de "Vilagarcía Avanza" son as zonas urbanas de Vilagarcía, Carril e Vilaxoán e as lindantes cos seus cascos urbanos (uso residencial). Pola súa banda, os ámbitos estratéxicos son: unha cidade innovadora, unha cidade para todos, unha cidade sostible e unha cidade atractiva.

Destes ámbitos nacen os obxectivos temáticos, entre os que se citan a mellora do acceso, uso e calidade das tecnoloxías da información e a comunicación; a promoción dunha economía de baixo nivel de emisión de carbono en todos os sectores; a conservación e protección do medioambiente; a promoción da inclusión social e a loita contra a pobreza; e o investimento en educación e formación profesional.

Ámbitos e obxectivos de estratexia son os que definen actuacións concretas como as que comezarán a contratarse a partir do vindeiro luns. Entre as moitas que se propoñen en "Vilagarcía Avanza" están, por exemplo, a implantación da xestión intelixente nos servizos públicos (e-administración); o desenvolvemento de plans de intervención para familias en risco de exclusión social; a mellora da mobilidade peonil e ciclista, ampliando os carrís-bici; a mellora da rede de saneamento; a promoción de Vilagarcía como destino turístico; a recuperación do patrimonio histórico e cultural; ou a humanización de rúas e prazas nos tres cascos históricos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -