_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Adxudicada a obra dos aseos do campo de fútbol de Vilaxoán e o acondicionamento da Praza da Peixería

A reunión da Xunta de Goberno local desta mañá incluíu a adxudicación de tres obras moi esperadas. Trátase da mellora dos aseos do campo municipal de fútbol de Vilaxoán, da acondicionamento exterior e interior da antiga Praza da Peixería e da renovación dos bandos da Rúa Rey Daviña, Méndez Núñez e Romero Ortiz. Unha vez completado o procedemento de contratación, as obras comezarán de inmediato. A Xunta de Goberno tamén acordou hoxe aprobar o gasto de 57.402 euros redactar dos tres primeiros que se financiarán cos fondos FEDER.
16.10.2017.- A obra de acondicionamento e mellora dos aseos do campo municipal de fútbol de Vilaxoán adxudicouse á empresa Zona de Obra por importe de 29.300 euros. Como xa se dixera, a necesaria actuación financiarase coas baixas da subvención concedida pola Deputación para a obra de mellora do campo de fútbol de Faxilde realizada o pasado ano. Con esta actuación demoleranse as cabinas sanitarias para substituílas por outras de taboleiro HPL. Instalaranse aparatos sanitarios novos agás os lavabos existentes, actualmente de obra fabricados in situ, que se revestirán con microcemento. Ampliarase a edificación para posibilitar a instalación dun aseo adaptado do que actualmente carece. Completarase a cuberta para unificala cos vestiarios contiguos existentes e revestirase exteriormente a edificación con placas HPL a fin de mellorar o aspecto estético. Renovarase a carpintería substituíndo as xanelas de formigón por outras de aluminio e instalando dúas máis ata o de agora inexistentes. Mentres, están dispoñibles as cabinas de aseos portátiles instalados polo Concello.

Zona de Obra tamén resultou ser a adxudicataria do contrato para a substitución integral dos elementos de madeira dos bancos zas rúas peonís de Rey Daviña, Méndez Núñez e Romero Ortíz, valorado en 11.853 euros. A intervención consistirá na substitución integral dos elementos de madeira que forman os asentos e os respaldos dos 11 bancos (3 lineais e 8 con forma de “L”). As estruturas de aceiro cortén mantéñense e a reparación farase in situ para non afectar ao pavimento ao no ter que levantar e volver a colocar os soportes e ancoraxes. Para elo, as pezas de madeira deberán elaborarse e cortarse previamente en taller segundo as medidas de cada banco. Utilizarse madeira de Iroko por tratarse dun material de contrastado comportamento e durabilidade en ambientes exteriores e en climas como o galego. Ademais, a madeira tratarase con aceites impermeabilizantes. A actuación financiarase con fondos propios do Concello, a través da partida destinada á compra de mobiliario urbano.

A última das obras que se adxudicou hoxe e que comezará de xeito inmediato foi a de acondicionamento da fachada e interior do edificio da antiga Praza da Peixería que executará a empresa Salpor. Esta obra completa a mellora do emblemático edificio protexido, iniciada o pasado ano coa substitución da cuberta e a mellora das canalización de recollida de pluviais. A actuación a levar a cabo agora consistirá no limpado e pintado da fachada exterior da Peixería con elementos fixadores que impidan que os materiais se vaian desfacendo co paso do tempo, e no pintado das paredes do interior do edificio.

Por último, o goberno tamén aprobou esta mañá o gasto de 57.402 euros para encargar a redacción dos primeiros proxectos que se financiarán con cargo aos fondos FEDER. Dúas das actuacións a proxectar corresponderán a obras de humanización nos cascos de carril e Vilaxoán e unha terceira de rehabilitación.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -