_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
O Concello anima aos propietarios de vivendas baleiras a inscribilas no rexistro de aluguer

O Concello de Vilagarcía anima aos propietarios de vivendas baleiras emprazadas no municipio a inscribilas no rexistro do programa de alugueres sociais que se acaba de poñer en marcha a través da colaboración entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e a propia administración local. Os propietarios, ben sexan persoas físicas ou xurídicas, disporán de avantaxas como acceder a subvencións para a realización de obras de acondicionamento dos inmobles. Ademais, as vivendas que se adhiran a este programa estarán aseguradas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo con pólizas que cubrirán tanto o impago dos alugueres por parte dos inquilinos como os desperfectos que poidan sufrir o inmoble.
17.10.2017.- O obxectivo do Programa de Vivendas Baleiras é, por un lado, incentivar a posta no mercado de aluguer daqueles inmobles que, por diferentes razóns, se atopan desocupados e son, polo tanto, improdutivos para os seus propietarios. E polo outro, ofrecer prezos asequibles de acceso á vivenda para as persoas que polo seu baixo nivel de recursos non poden facer fronte aos actuais prezos de mercado.

Para acadar este fin social, é imprescindible que os donos de vivendas baleiras as poñan a disposición do programa inscribíndoas no rexistro oficial deste programa. Os interesados poden consultar as bases a través do taboleiro de anuncios da web municipal http://www.vilagarcia.es . Nelas figuran os requisitos a cumprir, as avantaxas das que disporán e tamén o procedemento para incluír as vivendas no censo e para a sinatura dos contratos de aluguer. Todo estará xestionado e controlado polo IGVS.

Este convenio non só beneficiará aos inquilinos aos que se lle adxudiquen os alugueres. Os arrendadores tamén saen gañando xa que tanto a súa propiedade está plenamente asegurada a través dun seguro multirrisco do fogar que financiará o IGVS e que cubrirá todo o período do arrendamento, así como dun seguro da garantía de cobro da rendas nas mensualidades impagadas, polo que o donos nunca deixará de cobrar o aluguer. Ademais, de producirse algún conflito, a Xunta tamén cubriría da asistencia e defensa xurídica dos arrendadores.

Ademais, no caso de que a propiedade teña que realizar obras por indicación expresa da inspección técnica previa, poden solicitar axudas a través da liña creada expresamente pola Xunta para subvencionar reformas en vivendas a incluír na bolsa deste programa autonómico.

As vivendas a incorporar á bolsa deben someterse previamente a unha inspección que realizarán de xeito gratuíto os servizos técnicos de Urbanismo do Concello para avaliar o estado e características das mesmas e as condicións de habitabilidade. De ser o caso, no informe indicaranse as obras ou arranxos que os propietarios deberán executar para poder pasar a formar parte da bolsa e para as que, como se comentou anteriormente, disporán dunha liña propia de axudas.

O convenio entre o IGVS e a Fegamp, establece tamén o prezo máximo do aluguer en función da entidade dos municipios. No caso de Vilagarcía, a cota non poderá superar os 300 euros mensuais e fixarase en función do informe técnico unha vez avaliadas as características do inmoble.

Para obter máis información sobre o Programa de Vivendas Baleiras, os interesados poden dirixirse ao departamento de Urbanismo do Concello de Vilagarcía, ben sexan propietarios que queren incluír inmobles no censo, como persoas que queren demandan demandar un aluguer. En calquera caso, a adxudicación de alugueres dependerán das vivendas que se poñan a disposición.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Nov 2017  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
     
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2017. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -