_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Con Eles inicia a segunda edición do Club de Lectura Doada na Biblioteca Municipal

O Concello de Vilagarcía, a través da Biblioteca Municipal Rosalía de Castro, volve a apostar pola inclusión social colaborando por segundo ano consecutivo no desenvolvemento do Club de Lectura Doada promovido pola asociación Con Eles. A iniciativa comeza mañá e levarase a cabo todos os xoves pola mañá ata o día 19 de decembro. O obxectivo é que os rapaces gocen do pracer da lectura nun espazo común no que se relacionan con outras persoas, de xeito que participen como cidadáns na sociedade á vez que traballan a capacidade de ler e da comprensión lectora que lles permitan desenvolver os seus dereitos con espírito crítico.
18.10.2017.- O Club da Lectura Fácil impartirase no vestíbulo da Biblioteca en horario de 11.25 a 12.30 horas. O centro municipal encárgase de habilitar un espazo para que os alumnos poidan realizar a actividade comodamente e, debido ás necesidades especiais dos mesmos, xa ten incrementado os seus fondos bibliográficos con obras de Lectura Fácil adaptadas a este tipo de público.

Ademais, o persoal da Biblioteca apoiará á profesora que acompañará ao grupo.
Despois da primeira edición do club, a celebrada o ano pasado, as valoracións dos dicentes de Con Eles foron moi positivas posto que, segundo indicaron, ademais dos usuarios que acoden ás sesións da Biblioteca, a actividade tamén se traballa no centro, sendo os participantes os encargados de compartir a experiencia cos demais compañeiros da asociación contándolle as lecturas realizadas a través do uso de materiais de apoio como imaxes, audiovisuais e xogos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -