_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Varela reforza en Madrid as demandas do novo cuartel, a intermodalidade e a apertura da desembocadura do Con

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela Paz, desprazouse hoxe a Madrid co obxectivo de reforzar nas Cortes as demandas históricas do Concello de Vilagarcía nas que ten competencia o Goberno do Estado: a construción do novo Cuartel da Garda Civil, a apertura da desembocadura do río do Con e a intermodalidade. Acompañado polo senador vilagarcián, Modesto Pose, que se encargou de organizar a axenda de encontros, o rexedor reuniuse cos senadores e deputados do grupo parlamentario socialista que se encargarán de que as reivindicacións de Vilagarcía sexan abordadas nos órganos competentes e de esixir compromisos firmes por parte do Goberno Central. Varela tamén mantivo un encontro co senador galego do PP. José Crespo, que actualmente preside a Comisión de Fomento.
19.10.2017.- Varela Paz entrevistouse a primeira hora coa dirección do Grupo Parlamentario do PSOE no Senado para expoñerlle a situación das vellas reivindicacións de Vilagarcía. A máis antiga é a da construción da nova Casa Cuartel da Garda Civil, un proxecto máis que necesario que estaba a piques de executarse en 2010 e que o PP botou abaixo en 2011 cando accedeu ao Goberno do Estado. Compre lembrar que na etapa de Rodríguez Zapatero asinouse o convenio co Concello para emprazar o edificio nos terreos de Fontecarmoa, se redactou o proxecto e se sacou a licitación a obra, cun orzamento de case 5 millóns de euros (publicado no BOE o 8 de maio de 2010). O Concello, presidido pola socialista Dolores García, xa lle tiña concedida licenza.

O alcalde xa se desprazara a Madrid a principios de mandato para plantear esta demanda ao Goberno de Rajoy, que segue sen ofrecer solucións. Para que o tema volva a axenda política e a Garda Civil poida contar cunhas infraestruturas dignas nas que desempeñar as súas funcións, Varela tamén mantivo un encontro hoxe co portavoz da Comisión de Interior no Senado, o socialista Francisco Cabañas, ao que puxo ao corrente da situación.

Co mesmo obxectivo, pero esta vez, en relación aos proxectos de apertura da desembocadura do río do Con e da intermodalidade da estación de ferrocarril coa de autobuses, o rexedor local tamén se reuniu co presidente da Comisión de Fomento no Senado, o popular José Crespo. Segundo comentou Varela, o ex alcalde de Lalín escoitou con interese a exposición e asegurou que se estudarían as peticións de Vilagarcía.

Como se sabe, no tema da desembocadura do río do Con están implicadas tanto a administración autonómica como a central. As xestións realizadas hoxe polo rexedor refírense á parte que compete á Autoridade Portuaria, dependente do Ministerio de Fomento a quen o Concello solicita que desbloqueen o asunto revogando a concesión administrativa da nave que impide a actuación ou que, polo menos, se deneguen novas prórrogas. Este punto é indispensable para poder avanzar na concreción do proxecto de apertura da desembocadura coa Consellería de Medio Ambiente da Xunta. Cómpre salientar que a medida fora proposta nun estudo realizado por Augas de Galicia tras as graves inundacións rexistradas en 2006.

Por último, tal como xa demandara ante Ana Pastor na súa etapa como ministra de Fomento, Varela Paz, trasladou aos senadores a demanda de que a estación de ferrocarril de Vilagarcía sexa incluía nos proxectos de intermodalidade que o estado levará a cabo con fondos europeos nos vindeiros anos. O alcalde explicou a importancia que ten a estación de Vilagarcía por ter unhas das maiores cifras de pasaxeiros de Galicia e que da servizo a toda a comarca, cunha poboación de 100.000 persoas que se duplica en verán. Tamén puxo ao corrente aos senadores das xestións realizadas ante a Xunta de Galicia para coordinar estas actuacións coas da estación de autobuses, a efectos de que traten de axilizar o tema ante o Goberno Central.

Xa pola tarde, o alcalde tiña previsto reunirse cos deputados galegos do grupo socialista no Congreso co obxecto de que se encarguen de trasladar a este foro e defender as históricas reivindicacións de Vilagarcía.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -