_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
O Concello investiu na mellora da Escola Infantil Municipal da Lomba 108.000 euros en dous anos

A Escola Infantil Municipal da Lomba foi obxecto nos dous últimos anos de importantes melloras que repercuten de forma positiva tanto no mantemento e conservación do edificio como nas condición de confort para os usuarios do centro. O Concello investiu entre os anos 2016 e 2017 108.00 euros na realización de tres obras, dúas das cales -a da substitución da cuberta e a de pintado integral- están a piques de rematar. Par financiar as actuacións, o goberno local destinou fondos propios do Concello e xestionou axudas a través das distintas convocatorias doutras administración.
20.10.2017.- A efectos de poder executar as necesarias obras coa maior celeridade o Concello adiantou os cartos para iniciar as obras mentres se resolvía a subvención solicitada á Xunta de Galicia. Precisamente hoxe, o delegado da Xunta en Pontevedra comunicou ao alcalde a concesión de 20.000 euros para contribuír ao financiamento da substitución da cuberta da gardería, cuxo orzamento ascende a 52.385 euros, polo que o Concello aporta os 32.385 euros restantes.

A obra, adxudicada a Construcciones Piñyfer está a piques de rematar poñendo fin as deficiencias que presentaba a vella cuberta e nas canaletas de recollida de pluviais e que estaban xerando danos no interior do edificio debido, principalmente, á filtración de humidades.

Tamén está a piques de rematar a segunda actuación proxectada polo Concello este ano: o pintado integral da Escola Infantil. Os traballos de repitado interior de aulas, zonas común e demais dependencias xa hai tempo que concluíron e só falta o pintado exterior que non puido comezar ata completar a substitución da cuberta, e que se iniciará tan pronto como deixe de4 chover. Nesta actuación investíronse 20.570 euros que se financiaron a través dos fondos provinciais que lle corresponderon a Vilagarcía no POS 17.

Estas melloras complétanse coas obras de climatización e eficiencia enerxética realizadas o ano pasado e que financiou integramente a administración local cun importe de 34.844 euros. A actuación consistiu na instalación de todos os equipos necesarios para controlar a temperatura das aulas en niveis de confort, tanto en verán como en inverno. Instaláronse bombas de calor e auga, depósito de inercia, módulo eléctrico de regulación e varios fancoils frigoríficos, todo elo seguindo os criterios de eficiencia enerxética que supoñen nun aforro significativo do consumo enerxético e tamén contribúen á redución de emisións de gases xeradores do efecto invernadoiro.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Nov 2017  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
     
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2017. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -