_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TERCEIRA IDADE
Un obradoiro ensina aos maiores a usar o smatphone e a comunicarse por whatsapp

O teléfono móbil é unha ferramenta cotiá e case imprescindible na vida diaria de calquera persoa pero os constantes avances tecnolóxicos fan que, especialmente as persoas maiores, se sintan desbordados e non sexan capaces de utilizalos debidamente. Resolver esta problemática é a finalidade da iniciativa que pon en marcha a Concellería das Persoas Maiores coa obradoiro de Uso do teléfono Móbil que se impartirá no mes de novembro e no que poderán participar de xeito gratuíto 20 alumnos deste colectivo de idade. O prazo para anotarse vai do 30 de outubro ao 10 de novembro.
Con este obradoiro, o departamento que dirixe Tania García Sanmartín, pretende ofrecer ás persoas maiores a oportunidade de introducirse no uso das tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC) dun xeito sinxelo, ameno e, fundamentalmente, útil. O obxectivo principal é que adquiran uns coñecementos básicos sobre os dispositivos e sobre o WhatsApp para que poidan mellorar cuestións cotiás do seu día a día, como a comunicación cos seus familiares e amigos, así como a xestión do seu ocio e tempo libre.

No curso ensinarase aos participantes as partes principais do teléfono móbil, a función das distintas teclas, como deben cargar a batería ou conectar os auriculares. Tamén se les explicarán o significado das iconas de pantalla, como mandar un mensaxe de texto ou manexar a axenda de contactos.

Cunha linguaxe sinxela e seguindo o ritmo dos alumnos tamén se lles amosará outro tipo de funcións que lles poden ser útiles como sacar fotografías, conectarse a internet, escoitar a radio polo móbil ou mesmo sinalar usar o GPS para orientarse ou sinalar a súa ubicación.

O curso será impartido por persoal do centro Polivalente Ana María Paradela e desenvolverase nun seminario do Auditorio en dúas sesións de 2 horas de duración cada unha. Os interesados poderán inscribirse nas dependencias da Concellería de Persoas Maiores.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -