CONCELLO
O alcalde recibe a unha delegación de empresarios da India en misión comercial en Arousa O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, recibiu esta mañá no Concello a unha delegación de comerciantes hindúes desprazada a Galicia en misión comercial. A recepción de cortesía tivo lugar a pirmiera hora da mañá no Salón Nobre do Concello despois dunha breve reunión no despacho de Alcaldía.
24.10.2017.- O grupo, procedente de Cochín, cidade situada ao suroeste da India e que conta cun dos principais portos marítimos do país. Compoñían a delegación tres empresarios e un técnico de produción. O obxectivo da súa visita a Galicia é a formalización de acordos con importadores, comercializadores e fabricantes locais cos que establecer unha liña comercial de productos e materias primas destinados principalmente ao sector conserveiro da Ría de Arousa.