CONCELLO
A Deputación confirma as subvencións do Plan Concellos 17 para o Conservatorio, a Escola de Música e a Fundación de Deportes O Concello de Vilagarcía recibiu xa a conformación oficial das resolución da Deputación Provincial confirmando a concesión das subvencións para gastos correntes do Conservatorio profesional de Música, na Fundación Municipal de Deportes e na Escola de Música. As axudas suman 33.681 euros e corresponden á liña 2 de Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2017.
26.05.2017.- A maior das axudas que concede o organismo provincial é a do Conservatorio, cunha achega de 18.181 euros que se destinarán ao pago dos gastos de limpeza e aseo das instalacións de ensino musical. A Escola Municipal de Música Bernardo del Río tamén accede este ano aos fondos provinciais, dos que obtén 9.500 euros para sufragar os custes de limpeza da sede. Por último, a Fundación Municipal de Deportes verá aliviada a carga correspóndete aos seus gastos correntes grazas aos 6.000 euros de subvención destinada a contribuír ao financiamento do gasto de subministro eléctrico nas instalación deportivas municipais.