_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
URBANISMO
A Xunta tan só requiriu que se complementase a documentación para continuar tramitando o PXOM

Ante a incorrecta interpretación publicada en relación á información facilitada pola Consellería de Medio Ambiente en canto ao estado de tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, o Concello desminte rotundamente que a Xunta rexeitase o borrador do planeamento vilagarcián. O único que fixo o Servizo de Avaliación Ambiental de Plans e Programas foi requirir ao Concello que complementase a documentación, trámite habitual na xestión de calquera Plan Xeral ou mesmo de Modificacións Puntuais, como se pode contrastar nos procesos seguidos noutros concellos o mesmo neste en anteriores tramitacións.
24.10.2017.- O erro de interpretación do trámite do autonómico resulta evidente ao ler o título do propio escrito, que reza: “Requirimento de documentación para a elaboración do documento de alcance”. O que vén a dicir é que precisan máis información para continuar a tramitación do PXOM, non que rexeiten o borrador. Neste mesmo sentido conclúe o escrito cando di no último parágrafo di que “dado que o contido do borrador non se pode considerar suficiente para a súa análise urbanística, será preciso que se complete para poder sometelo á consulta do órgano competente en materia de urbanismo”. Como queda patente, constatan que a intención é continuar a tramitación do Plan.

Por outro lado, os documentos complementarios que se piden son de tipo xeral e técnico, como por exemplo a análise de cumprimento do planeamento vixente, os trazados e características das redes de servizos propostas nos planos de ordenación de núcleos rurais, que os planos de información xeral estean a escala mínima de 1/10.000, información sobre os montes veciñais en man común e espazos naturais, ou os tipos de códigos identificativos que deben figurar en cada plano.

Evidentemente, o desexo do goberno local sería que esta documentación estivese xa incluída do borrador do Plan Xeral para que a Xunta puidera seguir avanzando a súa tramitación, sobre todo tendo en contra o atraso que supuxo a paralización do mesmo durante os catro anos de mandato do PP e os prexuízos que isto supón para o desenvolvemento do municipio. Malia isto, aínda non foi posible remitir a documentación debido aos problemas derivados da adquisición de Eptisa por un grupo chinés.
Como xa se anunciara no seu día, Vilagarcía non é o único Concello de Galicia que ten contratada a redacción do planeamento urbanístico con Eptisa e que está sufrindo as consecuencias desta situación sobrevida. Pese ao compromiso adquirido no seu día pola empresa de concluír o plan de Vilagarcía aquel non se está a cumprir. Esta é a razón pola que aínda non se puido responder ao requirimento da Xunta. Non son os técnicos municipais os que teñen que realizar o trámite, senón o equipo redactor contratado para elaborar o PXOM.

O Concello leva xa tempo negociando coa nova xerencia a busca dunha solución que permita continuar cos traballos e axilizar a tramitación do PXOM. Tamén se está pendente das medidas adoptadas polos demais concellos que se atopan na mesma situación de Vilagarcía.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -