_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
PATRIMONIO
A Praza da Peixería mellora a súa imaxe cos traballos de limpeza e pintado xa iniciados

Dende principios desta semana, operarios da empresa Salpor traballan na mellora de imaxe da antiga Praza da Peixería. O edificio destinado dende hai anos a usos lúdicos e culturais están sendo obxecto dunha actuación de limpeza e pintado integral de fachada e paredes interiores. O proxecto proxectado polo Concello ten un custe de 16.000 euros que se financian coa rebaixa na adxudicación da obra anterior, o de renovación da cuberta e arranxo de filtracións, que se financiara a través do Plan Concellos da Deputación.
26.10.2017.- A actuación que xa se está a levar a cabo consiste no limpado e pintado da fachada exterior da Peixería con elementos fixadores que impidan que os materiais se vaian desfacendo co paso do tempo, e no pintado das paredes do interior do edificio. Tamén se aproveitará para instalar rozas coas que recoller e ocultar o cableado que se atopaba á vista e para pintar as dependencias da Oficina Municipal de Turismo situada do fondo do emblemático edificio da Peixería.

Por tratarse dun edificio catalogado, o proxecto tivo que ser autorizado previamente por Patrimonio da Xunta de Galicia, que lle dou a súa conformidade.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -