_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
Principio de acordo para que o concello poida recibir xa o parque de Pinar do Rei, habilitado polo ADIF

A falta de rematar algunhas cuestións de menor importancia, como o acondicionamento dun talud ou a instalación das papeleiras xa adquiridas, todo apunta a que o Concello poderá por fin recibir as obras de acondicionamento do antigo vertedoiro de Pinar do Rei nun gran parque de recreo, como consecuencia do convenio co Administrador de Infraestructuras Ferroviarias en compensación polas obras do AVE.
30.10.2017. A última hora da mañá de hoxe, o concelleiro de Obras e Servizos, Lino Mouriño, fixo unha inspección do lugar na compaña dunha representante do ADIF. Esta comprometeuse a buscar unha solución inmediata ás pequenas deficiencias que se observaron na visita. Polo demais, ambas partes valoraron positivamente o resultado do traballo feito, así como a importancia da recuperación dun espazo ambiental antes degradado.

O estado no que quedaron as obras de compensación do AVE foron obxecto dunha entrevista que mantivo o actual alcalde, Alberto Varela, coa entón ministra de Fomento, Ana Pastor. Entre outros asuntos, Varela planteou a actual presidenta do Congreso a necesidade de non estragar o traballo xa feito en Pinar do Rei. Como consecuencia daquela xestión o ADIF retomou o remate final das obras, cun resultado satisfactorio para ambas partes.

A zona sobre a que se actuou ten unha superficie de 5,8 hectáreas. Nela, ademais de plantar árbores e herba, se habilitaron sendeiros e zonas de descanso.

ACCESIBILIDADE
Por outra banda, tamén nesta mañá a Xunta de Goberno Local decidiu adxudicar á empresa Nemesio Ordónez, SL as obras de mellora da accesibilidade no instituto Cotarelo Valledor, por valor de 4.689 euros. A actuación consistirá no levantamento do paso de peóns a reforma das beirarrúas a un lado e outro do vial que pasa por diante da entrada do instituto. O asunto fora obxecto de debate plenario trala queixa dunha do centro con discapacidade.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -