_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
A solicitude de becas para formación superior increméntase un 65% con respecto a 2016

Un total de 178 mozos e mozas aspiran a recibir unha das becas para formación superior que convocou o Concello, nesta ocasión por un importe total de 40.000 euros. Con respecto ao ano anterior (108 peticións), o número de solicitudes incrementouse un 65%. Para o goberno local isto é unha magnífica noticia, posto que demostra a eficacia da medida e o feito de que cada vez máis vilagarciáns coñecen as axudas sociais que, en todos os ámbitos, ofrece o Concello. Claro que, á súa vez, isto implica que haberá que buscar fórmulas que permitan seguir aumentando estas partidas en futuros exercicios, segundo a portavoz do goberno e concelleira de Benestar Social, Tania García.
03.11.2017. Con respecto a anteriores convocatorias, e atendendo ás suxestións de moitos usuarios e ás experiencias noutros concellos, nesta ocasión se fixo unha distinción entre as axudas para estudos superiores de formación profesional e universitaria, tendo en conta que os gastos que comporta nun caso non son os mesmos que no outro. Deste xeito, fronte aos 400 euros únicos para cada modalidade que se establecía ata 2016, agora distínguese entre FP e educación a distancia (200 euros) e universidade (400). Pero, ademais, se establecen outras novidades como a participación en másteres, doutoramentos ou a educación musical en conservatorios de música profesionais.

Paralelamente ás axudas para estudos superiores, o Concello tamén habilitou este ano outra partida de 13.500 euros para as familias con nenos e nenas en Educación Infantil. Nesta ocasión se presentaron 323 solicitudes, 26 máis que en 2016.

Esta foi a segunda convocatoria na que non se esixiron xustificantes do gasto –antes era así, posto que se dirixían á compra de material escolar-, senón que chega con documentar a matrícula, no caso da educación infantil, ou ter aprobados alomenos a metade das asignaturas do curso superior. A concesión de axudas aos estudos está financiada polas concellerías de Benestar Social, que dirixe Tania García, e a de Educación, que coordina Miro Serén.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -