_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
O concello concede as primeiras axudas ás comunidades de montes, por valor de 11.000 euros

Cumprindo co compromiso adquirido na negociación dos últimos presupostos municipais, o goberno local aprobou xa as primeiras subvencións para as comunidades de montes a fin de contribuír a sustentabilidade das masas forestais e previr incendios. En concreto, trátase de algo máis 5.700 euros para cada unha das comunidades de Bamio y de Loenzo de Arriba e de Abaixo.
04.11.2017. Ambas entidades presentaron os seus proxectos de xeito individual, mentres que as restantes comunidades do municipio (Rubiáns, Trabanca Sardiñeira, Cea, Guillán, Sobrán-Vilaxoán e Trabanca Badiña) o fixeron de forma conxunta a través da súa mancomunidade. Neste caso, o goberno local está pendente de que, como no caso de Bamio e Loenzo, presenten a documentación acreditativa das obras realizadas para liberar os máis de 70.000 euros que lle corresponden.

En principio, a partida establecida nos Orzamentos era, precisamente, de 70.000 euros. Sen embargo, a suma total dos proxectos foi de 84.000 euros. Para que as axudas chegaran ao 100%, o executivo de Alberto Varela decidiu suplementar a partida ata completar esa cantidade.

As comunidades de montes de Loenzo e Bamio presentaron cadanseu proxecto para levar a cabo tarefas de rareo manual e mecanizado e selección de gromos de cepa de eucalipto e frondosas despois dun lume. Pola súa banda, a Mancomunidade de Montes Veciñais en Man Común de Vilagarcía presentou dous proxectos. O primeiro, de actuacións para os montes das comunidades de Rubiáns, Trabanca Sardiñeira, Cea, Guillán e Sobrán-Vilaxoán, consistentes en mediante rozas manuais e mecanizadas, rareos, recollida e trituración de restos. O segundo proxecto, aínda que presentado tamén a través da Mancomunidade, é exclusivo para a Comunidade de Trabanca Badiña, consistente na construción dun depósito de auga para ser facilitar e axilizar as labores de extinción de lumes, de ser o caso. As actuacións están practicamente rematadas e só falla xustificalas documentalmente para que o Concello aprobe e libre as subvencións comprometidas.

É intención do goberno local seguir mantendo esta liña de colaboración coas comunidades de montes para axudar a manter limpas as masas forestais, facelas sustentables e evitar, na medida do posible, os danos que causan os lumes.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -