_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Os cursos de curtametraxes, modelaxe en arxila e fotografía dixital compoñen a oferta formativa de outono

A Concellería de Cultura organiza para a temporada de outono tres iniciativas formativas baseadas en disciplinas artísticas. Trátase dos obradoiros de Curtametraxes, Iniciación á Fotografía Dixital e Modelado en Arila que se impartirán nos meses de novembro e decembro. Deste xeito, o departamento que dirixe Sonia Outón cumpre un dobre obxectivo: por un lado, apoiar aos creadores locais aproveitando os seus coñecementos para impartir os cursos, e por outro ofrecer aos veciños a oportunidade de recibir formación gratuíta relacionada coa cultura e a arte.
08.09.2017.- O obradoiro máis extenso é o de Curtametraxes impartido pola Asociación Cultural Curtas que dirixe Luis M. Rosales. Esta é a segunda edición do curso que amplía contidos para que os alumnos do ano pasado poidan continuar a súa formación á vez que serva para cubrir as expectativas dos que acudan por vez primeira. Son 40 horas nas que se abordarán dende o plano teórico e, sobre todo práctico, aspectos como a linguaxe audiovisual, os procesos de creación, os medios técnicos, os procesos de son, iluminación e interpretación, a dirección, a creación de personaxes e tamén o traballo nas fases de pre produción, produción e post produción. Por último abordarase a distribución, promoción e ventas de curtametraxes a través de plataformas, festivais ou mesmo a televisión.

Para implementar as clases, os alumnos poderán coñecer as experiencias persoais de representantes do sector audiovisual, como a directora Olga Osorio, dúas veces gañadora da festival de Curtas de Vilagarcía, e tamén se realizarán vídeo conferencias con distribuidores nacionais.

O fotografo e foto xornalista, José Luiz Obiña, impartirá o obradoiro de Iniciación á Fotografía Dixital, actividade formativa de 20 horas lectivas a realizar durante dúas fins de semana. Aparte dos coñecementos básicos sobre fotografía dixital, o curso pretende poñer en valor Vilagarcía, posto que as prácticas consistirán en fotografar a cidade dende diferentes puntos de vista.
En canto ao temario, farase unha breve exposición da historia da fotografía para pasar a abordar aspectos específicos como a luz, o color, ou a composición fotográfica; e tamén técnicos, como a propia cámara, as aplicacións das que dispón e ás que se lle poden sacar o maior proveito, as tarxetas de memoria e sistemas de gravación ou o uso do fotoshop.

O último dos obradoiros é o de modelaxe en arxila, unha iniciativa novidosa en canto que o máis frecuente en cursos de arte é que versen sobre debuxo ou pintura. Juan Carlos Platis será o encargado de impartir o curso de modelaxe como base para traballos tridimensionais que teñen aplicacións laborais, por exemplo en obradoiros de xoias ou mesmo en talleres de carrozarías de automóbil. Os alumnos abordarán técnicas do baixo relevo e de vulto redondeado, collendo especialmente como modelo a anatomía humana, os rostros e os xestos faciais.

PRAZAS LIMITADAS E INSCRICIÓN
O número de prazas que se ofertan en cada obradoiro é limitado, entre 15 e 20 alumnos, para favorecer a operatividade dos cursos que son principalmente prácticos. No de curtas poderán anotarse persoas a partir dos 16 anos e nos outros, a partir de 18. O prazo de inscrición ábrese mañá 9 de novembro, rematando o día 14 no caso do de curtas e o 16 nos de modelaxe en arxila e fotografía dixital. Os formularios de inscrición están dispoñibles no taboleiro de anuncios da web municipal http://www.vilagarcia.gal
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -