_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
O plan de compostaxe no rural chega este mes ás cen viviendas unifamiliares

O plan de compostaxe que se está a desenvolver nas zonas do rural de Vilagarcía achega aos cen participantes este mes. O vindeiro mércores, 15 de novembro, a Concellería de Medio Ambiente repartirá 30 novos composteiros que se sumarán aos 70 que operan dende hai un ano en outras tantas vivendas unifamiliares do municipio. Para esta nova fase de ampliación da práctica da compostaxe, o departamento que dirixe Lino Mouriño conta coa colaboración de Sogama.
09.11.2017.- Os 30 composteiros facilitados por Sogama xa están adxudicados ás 30 persoas que estaban inscritas na lista de agarda. A entrega dos mesmos farase o mércores no Auditorio despois dunha charla ofrecida por un técnico de Sogama para explicar aos participantes o proceso que deben seguir para a correcta elaboración do compost usando como materia prima os residuos orgánicos que se xeran nas casas. Xunto co composteiro, os participantes recibirán un saco de estruturante composto por materia vexetal triturada. Esta materia tense que mesturar cos residuos orgánicos para facilitar a conversión dos residuos no abono denominado compost.

A compostaxe é unha práctica que está sendo impulsada dende a Unión Europea xa que é un sistema moi eficaz para reducir se forma ecolóxica os residuos sólidos que se xeran nos domicilios e que, por conseguinte non teñen que ser xestionados a través da incineración ou outros métodos que si teñen repercusións nocivas no medio ambiente.

En Vilagarcía está tamén en marcha a experiencia piloto da compostaxe comunitaria para zonas urbanas. Este plan, promovido pola Deputación provincial coa colaboración do Concello púxose en marcha no barrio do Piñeiro hai máis dun ano e funciona con éxito entre os numerosos veciños que participan depositando nos composteiros os residuos orgánicos e que posteriormente pasan a recoller o abono que se vai xerando.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -