_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
García Sanmartín recibe aos veciños de Almirante Fontán para abordar o cambio de nome da rúa

A voceira do goberno de Vilagarcía, Tania García Sanmartín, recibiu onte a unha representación dos veciños da Rúa Almirante Fontán co obxectivo de abordar con eles o próximo cambio de denominación desta rúa de Vilaxoán. Os veciños, que en principio se opoñían á modificación do nome, quedaron máis tranquilos despois de escoitar as razóns desta decisión e as medidas que se compromete a levar a cabo o Concello para evitar problemas derivados do cambio de dirección, especialmente a efectos postais.
10.11.2017.- Tres persoas compoñían a representación dos residentes na rúa Almirante Fontán que se reuniron onte pola tarde con García Sanmartín. A concelleira explicoulles que o cambio na denominación non se debía a un capricho senón que se facía para dar cumprimento ao mandato legal establecido na Lei de recuperación da Memoria Histórica e ao acordo do Pleno de Vilagarcía de retirar os símbolos e nomes da ditadura franquista.

Aceptado este punto, o principal argumento dos veciños para opoñerse ao cambio de nome da rúa foi os problemas que se poderían xerar á hora do reparto de correspondencia e notificacións, sobre todo as relativas a temas administrativos, bancarios e demais. Para evitalo, a concelleira explicoulles que, ademais de dar parte da modificación ao Servizo de Correos, o nome actual da rúa e o novo convivirán durante un amplo período de tempo. Ademais, a edil socialista ofreceu a colaboración dos servizos municipais para axudar a realizar os cambios de dirección ás persoas maiores ou daquelas que teñan especial dificultades para xestionar por si mesmas este trámite.

Por último, dado que os veciños tampouco se amosaron conformes a que a rúa recibise o nome de Luis Pando, xuíz asasinado polo réxime franquista meses despois do alzamento, Tania García comprometeuse a estudar diferentes propostas e a consensuar a decisión final cos residentes na rúa e coa Asociación de Veciños de Vilñaxoán.

A próxima semana convocarase unha nova reunión da Comisión Municipal para estudo do rueiro municipal, equipo de traballo no que están presentes todos os grupos da Corporación e aos que se lles exporá o acordado cos veciños para seguir avanzando nos cambios a realizar para adaptar o rueiro á Lei da memoria Histórica e avanzar en termos de Igualdade con maior presenza de nomes de mulleres.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -