_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
O Campamento Urbano de Nadal regresa como alternativa lúdico-pedagóxica e de conciliación para as familias

A Concellería de Xuventude volve a ofrecer ás familias con nenos pequenos unha proposta socio educativa e de conciliación de cara ás vacacións escolares do Nadal. Trátase dunha nova edición do Campamento Urbano de Nadal para o que se ofertan 30 prazas destinadas a nenos e nenas de 3 a 7 anos. A actividade é completamente gratuíta e os interesados deberán solicitar praza entre o 21 de novembro e o 5 de decembro.
11.11.2013.- O Campamento Urbano de Nadal celebrarase nas dependencias do CEIP da Escardia coincidindo co período vacacional nos colexios, e dicir, os días do 22 de decembro ao 5 de xaneiro, en horario de mañá (de 9 a 14 horas). O programa inclúe obradoiros artísticos e creativos, manualidades, xogos guiados e libres, actividades en inglés e outras moitas actividades. O servizo está dirixido aos nenos e nenas empadroados en Vilagarcía nados entre o 1 de xaneiro de 2010 e o 31 de decembro de 2014.

A Xunta Local de Goberno aprobou na súa última reunión as bases que regulan o acceso e funcionamento do campamento Urbano de Nadal, documento que se pode consultar nas dependencias de Xuventude ou no taboleiro de anuncios da web municipal. Tamén nestes puntos estarán accesibles os formularios de inscrición que, debidamente cubertos e coa documentación que se indica nas bases, deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello do 21 de novembro ao 5 de decembro. O horario de Rexistro de luns a venres é de 8.30 a 14.30 horas.

No caso de que o número de solicitudes supere ao de prazas dispoñibles, estas adxudicaranse mediante sorteo público a realizar o día 15 de decembro ás 12 do mediodía no Concello. En calquera caso, terán preferencia os fillos e fillas de mulleres vítimas da violencia de xénero, así como os derivados dos Servizos Sociais do Concello (20% do número total de prazas), que terán directa. Os nenos que sexan irmáns Terán asignado o mesmo número para o sorteo, de xeito que de saír elixido, entren ámbolos.

EDUCACIÓN EN VALORES E COÑECEMENTO DA HISTORIA DE VILAGARCÍA

O Campamento de Nadal será impartido este ano por persoal cualificado da empresa servizos Integrados de Formación que ademais deseñou un completo programa lúdico pedagóxico que leva por título “Nadal Máxico: os nosos desexos”. A través desta temática central os nenos e nenas realizarán actividades moi diversas que inclúen obradoiros creativos e artísticos, conta contos, actividades musicais, manualidades, xogos guiados e libres, actividades en inglés e mesmo saídas didácticas. Tamén se traballarán de xeito transversal a educación en valores, a educación emocional, a inclusión social e a igualdade de xénero, a multiculturalidade e a historia da cidade, con visitas ao Castro de Alobre e aos petróglifos de Bamio.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -