_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
As compañías eléctricas e de gas deberán pagar unha taxa por pasar os seus tendidos por dominio público

O Concello de Vilagarcía ten previsto crear unha nova taxa polo paso por dominio público dos tendidos das compañías eléctricas, de gas ou hidrocarburos. Esta taxa gravará ás instalacións (tendidos ou canalizacións) que estas grandes compañías utilizan para transportar e distribuír os seus subministros entre a cidadanía e que discorren polo dominio público municipal. A redacción da ordenanza que regulara esta taxa foi contratada á consultora Noroeste Local S.L., especializada neste tipo de normativa.
11.11.2017.- Este norma virá a implementar a Ordenanza Reguladora da Taxa por Utilización Privativa ou Aproveitamento Especial do Dominio Público que no seu apartado h) prevé o gravame de "Outras ocupacións de subsolo, solo e voo da vía pública". Ata o de agora, dentro deste apartado só se aplicaba a taxa ás empresas explotadoras de servizos e subministros que afectan á totalidade ou a parte importante da veciñanza, e deben abonar o 1,5 % da súa facturación anual no termo municipal. Pero quedaban fora ás empresas encargadas do transporte ou distribución destes subministros, de aí a necesidade de crear esta nova ordenanza.

A creación desta taxa en Vilagarcía faise tras estudar a aplicación da mesma en outros municipios galegos (Arteixo) e de España (Serradilla, en Cáceres e Villalcampo, en Zamora) e as recentes sentenzas do Tribunal Supremo avalando a súa legalidade. O Tras os recursos presentados por algunhas compañías, o Supremo recoñece a competencia dos concellos para catalogar como construcións as liñas eléctricas de alta tensión e as canalizacións de gas de cara ao cálculo da base impoñible da taxa por utilización do dominio público local.

A creación e aplicación da nova taxa polos tendidos e canalizacións ás empresas distribuidoras de gas e electricidade suporá unha nova fonte de ingresos para as arcas municipais. A medida permitirá continuar avanzando na xusta distribución da carga fiscal que persegue o executivo socialista para garantir que todo o mundo (tanto persoas físicas como xurídicas) contribúa ao sostemento dos gastos públicos e, de forma especial, que aporte máis quen maior capacidade económica ten, como é o caso das grandes corporacións empresariais.

Consciente de que a longa crise económica golpeou máis forte ás economías máis débiles, dende o principio do seu mandato, o executivo que preside Alberto Varela está a desenvolver unha política fiscal que alivie a carga das familias e das persoas con menos recursos. Para iso optouse por conxelar as taxas que afectan maiormente aos veciños de a pé e pola redución do tipo impositivo do IBI durante tres anos consecutivos. Conscientes tamén de que o Concello debe manter un nivel de ingresos que lle permita prestar os servizos á cidadanía e incrementar as políticas sociais, o goberno socialista opta por medidas como a creación desta ordenanza ás grandes compañías.

CASE 300.000 EUROS COA INSPECCIÓN ÁS COMPAÑÍAS ENERXÉTICAS E DE TELECOMUNICACIÓNS

Dentro das medidas de optimización da xestión económica local, o goberno tamén contratará os servizos dunha empresa especializada na inspección de tributos. A decisión adóptase despois dos resultados altamente positivos que acadou a inspección desenvolvida en 2016, precisamente relativa ao apartado h) da Ordenanza Taxa por uso Privativo ou Aproveitamento Especial do Dominio Público, é dicir a de aplicación do 1,5% sobre a facturación das grandes compañías comercializadoras de electricidade, gas, teléfono e internet por redes fixas que operan no municipio. A revisión desta taxa abarcou os exercicios de 2011 a 2014 (incluídos) e saldouse co ingreso de 282.640 euros. Esta suma obtívose despois de comprobar que moitas compañías declaraban facturacións inferiores ás reais e outras que ni tan sequera estaban aboando a taxa.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Nov 2017  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
     
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2017. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -