CONCELLO
O Concello instala bancos e unha fonte na zona peoníl de Vista Alegre A zona peonil da Rúa Vista está sendo obxecto dunha actuación de mellora dos seus equipamentos que inclúe a instalación de bancos e dunha fonte. O Concello iniciou a semana pasada os traballos que aportarán maior atractivo e comodidade ao paseo situado no entorno monumental.
13.11.2017.- A actuación iniciouse coa colocación de tres bancos de aceiro cortén ao longo do tramo de paseo comprendido entre a entrada do castro de Alobre e onde remata a zona peonil. Nestes último extremo, na confluencia coa Rúa López Cuevillas aproveitarase a zona verde e arborada para habilitar un punto de descanso na zona se sombra. A actuación inclúe a instalación de bandos de pedra e dunha fonte. Sobre a zona de herba habilitarase un sendeiro empedrado que conducirá a zona de bancos e ao surtidor de auga.
Os traballos están sendo executados por operarios municipais.