_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EMPREGO
O “Vives Emprega” logra insertar no mercado laboral á metade dos seus usuarios

O Concello de Vilagarcía en colaboración con Acción Contra a Fame desenvolveu en 2017 dúas edicións do programa Vives Emprego destinado a acadar a reinserción socio laboral de persoas con especiais dificultades de atopar traballo. A piques de pecharse a última das iniciativas, os resultados obtidos foron altamente positivos xa que case a metade dos participantes conseguiron un emprego. Dos 49 usuarios, nada menos que 23 foron contratados por conta allea, mentres que outros 7 retomaron os seus estudos co obxecto de mellorar as súas condicións de empregabilidade.
13.11.2017.- SESIÓNS DE TRABALLO GRUPAIS E PERSONALIZADAS
O obxectivo do programa “Vives Emprega” é promover a adquisición de habilidades sociais e competencias básicas para o emprego, poñendo en valor o talento e a iniciativa das persoas participantes para mellorar a súa situación persoal e o entorno que lles rodea. Este itinerario consiste na creación de equipos de traballo nos que os participantes melloran as súas habilidades sociais e as súas competencias para o emprego a través de sesións grupais, sesións personalizadas, creación de redes e posicionamento no contexto directo. Durantes as dúas edición levadas a cabo en 2017, desenvolvéronse 76 sesións de traballo grupais e 85 individuais.

Ademais, o programa fai intermediación laboral con empresas da zona, ás que pon en contacto cos seus usuarios, segundo os perfís destes, co obxectivo de favorecer tanto a contratación como a realización de prácticas. No que vai de ano, o Vives Emprega, contactou con 60 empresas da comarca e asinou 3 convenios de colaboración.

Os equipos de traballo contan coa figura dunha coordinadora que guía ao grupo e leva a cabo as sesións individuais cos participantes, ademais de acompañar ao equipo na busca de solucións creativas e de poñer a súa disposición as ferramentas necesarias para acadar os seus plans e poñelos en marcha.
Segundo relata Acción Contra a Fame tras a súa experiencia en Vilagarcía, as persoas que participaron no programa , ao remate do mesmo, viron aumentados os seus coñecementos e información acerca dos recursos formativos e de Emprego, que dispoñen dun maior acceso e máis formas de achegarse a eles con éxito.

A Concellería de Benestar leva desde 2016 subvencionando o desenvolvemento deste proxecto en Vilagarcía medianta a sinatura de convenios con Acción contra a Fame. Neste tempo deselvolvéronse tres edicións: a primeira en 2016 e as outras dúas no primeiro e segundo semestre de 2017. Actualmentente, e en vista dos excelentes resultados que se están a obter, o departamento que dirixe Tania García, está traballando no convenio para o vindeiro ano.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -