_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
O Concello celebra o Día dos Dereitos da Infancia co tradicional pleno infantil

O Concello de Vilagarcía celebrou esta mañá tradicional Pleno Infantil co que dende hai anos se conmemora o Día Internacional dos Dereitos da Infancia. Máis de 80 nenos e nenas de tres colexios do municipio participaron na actividade na que a Corporación Infantil debateu asuntos relacionados cos dereitos á Sáude, á Protección contra calquera forma de abandono, crueldade e explotación e o Dereito a unha calidade de vida básica. Presidui a sesión en calidade de alcalde, o alumno do CEIP A Lomba, Hugo González.
20.11.2011.- A Concellería de Xuventude organiza o Pleno Infantil co obxectivo de promover a participación dos nenos e nenas da vida social e na organización da súa contorna, un dos dereitos que se recollen na Declaración. Os nenos e nenas teñen dereito a ser escoitados e a que súas ideas se teñan en conta, e para iso é preciso que saiban os camiños existentes para facerse oír. A organización deste Pleno, permítelles coñecer o sistema e funcionamento da institución máis próximas a eles, o Concello.

Ademais de facilitar de xeito práctico o coñecemento das regras do sistema democrático e plural a través do funcionamento dun dos seus órganos máis próximos ao cidadán, o Pleno Infantil serve para informar aos alumnos sobre o proceso que levou á aprobación da Declaración dos Dereitos da Infancia a proposta de Unicef no seo da ONU. Os estudantes terán a oportunidade de coñecer os principios que rexen os 10 artigos que integran esta declaración, e poderán reflexionar sobre as situacións nas que se conculcan eses dereitos e buscar alternativas para que se respecten. Con isto tamén se pretende conciencialos en principios de respecto, igualdade e solidariedade.

A sesión celebrouse seguindo o procedemento habitual. O primeiro paso foi constituír unha corporación composta por 21 membros na que cada colexio contará co número de edís proporcional ao número de alumnos do centro, a modo de paralelismo co reparto de representatividade que se fai nas eleccións municipais en función aos votos obtidos por cada candidatura. O candidato electo foi Raúl González, do CEIP A Lomba, cuxo colexio tiña maioría na Corporación. Logo constituíuse a mesa de idade para proceder á elección de alcalde ou alcaldesa. Por último, cada grupo presentou as súas mocións ao Pleno. Como remate final, a Corporación Infantil e os escolares asistentes como público recibiron a visita do alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, que lles dirixiu unhas palabras.

No Pleno Infantil participaron alumnos de 5º e 6º curso dos colexios Arealonga, A Lomba e Rubiáns. Previamente á sesión do luns, alumnado e profesorado traballaron nas aulas os temas e propostas que defenderon no Pleno.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -