_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A primeira fase da reforma do Parque de Matosinhos abrangue toda a contorna da Escola Infantil

A rexeneración urbana do Parque de Matosinhos e a súa contorna desenvolverase en dúas fases. A primeira delas abrangue a zona que rodea a escola Infantil Municipal e ten un orzamento de 321.706 euros. O alcalde, Alberto Varela, e a concelleira de Urbanismo, Paola María presentaron hoxe a memoria da actuación proxectada polo arquitecto da Oficina Municipal de Rehabilitación e que ten como piares fundamentais garantir a accesibilidade, a seguridade dos peóns, a mellora estética da zona e a renovación das redes de saneamento. Os traballos proxectados teñen un orzamento de 321.706 euros que a intención do Concello é inicialos en 2018.
22.11.2017.- A decisión de iniciar o proxecto pola contorna da Escola Infantil adóptase tendo en conta que este é o acceso principal ao parque de Matosinhos, polo que se estima que pasan a diario unhas 4.000 persoas que acoden aos catro centros escolares situados na zona, e á urxente necesidade de garantir a seguridade dos peóns que na actualidade, debido as barreiras arquitectónicas existentes, vense obrigados a transitar polo carril polo que circulan os vehículos, cos conseguintes riscos para os nenos e nenas.

Por iso, o principal obxectivo é garantir a accesibilidade e protexer aos peóns. Para conseguilo, o acceso dende Doutor Tourón ata a Escola Infantil converteres nun paseo peonil. As actuais beirarrúas, que teñen pouco máis de medio metro de ancho e moito alto, desaparecen para quedar todo o paseo ao mesmo nivel e cun firme regular para o cal se utilizará o formigón tratado como principal materia prima.
Tamén se actuará nos pasos que comunican a Avenida Matosinhos con esta zona nos que, para salvar a importante diferenza de cota actual, construiranse ramplas de pendente adecuada para permitir un cómodo paso de persoas con problemas de mobilidade ou carros de bebés.

Na zona de escaleiras do inicio da Avenida Matosinhos tamén se construirán ramplas e se mellorarán as beirarrúas na área afectada de Doutor Tourón.

Os vehículos nos poderán circular como o de agora polo acceso, principal dende a Avenida Doutor Tourón xa que esta zona resérvase para uso peonil. Non obstante, o proxecto proporciona unha solución para que os vehículos poidan chegar igualmente ata as inmediacións da gardería. Farase un circuíto de entrada e saída a Doutor Tourón polas dúas seguintes interseccións, bordeando un edificio. Tras este bloque de casas habilitarase a zona de aparcamento de vehículos para dar servizo aos usuarios da gardería e aos veciños. O sentido de entrada e saída establecerase de acordo coas indicacións da Policía local en termos de seguridade viaria.

Seguindo a norma do actual goberno socialista para todas as súas obras, o proxecto prevé a completa renovación das redes dos servizos de abastecemento de auga e de saneamento. Nesta zona prestarase especial atención ao saneamento por tratarse dunha zona facilmente anegable tendo en conta que por esa descorre soterrado un longo tramo do regato de Santa Mariña.

O executivo que preside Alberto Varela pretende iniciar primeira fase da rexeneración urbana de Matosinhos en 2018, tal como xa se anunciara en maio. A idea é destinar parte do superávit de 2016 a financiar o custe total desta fase, e dicir 321.706 euros. A medida debe ser aprobada polo Pleno da Corporación, de feito é un dos asuntos a tratar na sesión de novembro. O rexedor confía en que todos os grupos apoien a proposta do goberno dada a imperiosa necesidade de mellorar as condicións do barrio de Matosinhos que, pese situarse no centro da cidade e ao elevado tránsito que rexistra polos centros escolares que acolle, atópase moi degradado e esquecido. De feito, a última actuación que consta na zona data de 2003 e consistiu na substitución dos xogos da zona infantil.

Nestes momentos o arquitecto está rematando o proxecto técnico. A continuación terán que redactarse os pregos de licitación para, por último sacar a obra a contratación.

A concelleira de Urbanismo explicou que a intención do goberno é que a segunda fase do proxecto de Matosinhos, o que afecta a toda a zona do parque, se poida facer de seguido, unha vez remate a primeira fase.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -