_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Xa se poden solicitar as axudas de emerxencia para os gastos do IBI

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a aprobación definitiva da Ordenanza de Axudas dentro do Programa de Inserción Social que se modificou para recoller como axuda de emerxencia a bonificación do IBI. Este é o ultimo paso da tramitación da axuda creada polo executivo socialista co obxectivo de apoiar ás familias con menos ingresos ou que atravesan unha situación económica complicada a afrontar o pago do recibo da Contribución. A bonificación pode solicitarse a partir de mañá e pode cubrir ata o 80% do importe do recibo ata un máximo de 250 euros. O goberno que preside Alberto Varela xa reservou nos orzamentos deste ano unha partida de 90.000 euros.
27.11.2017.- Esta nova media de carácter social que pon en marcha o grupo de goberno pretende favorecer ás familias máis desfavorecidas economicamente, de aí que as axudas se concederán en función ao nivel de ingresos da unidade de convivencia. Ao igual que as demais medidas recollidas no Regulamento de Axudas de Inserción Social, tomarase como indicador obxectivo de referencia o IPREM de 2017.

Aparte do criterio económico, os requisitos que se deben cumprir para acceder as axudas do IBI son que o inmoble que da orixe ao recibo ten que ser a vivenda habitual na que resida a unidade de convivencia e estar no municipio de Vilagarcía. O solicitante ten que estar empadroado nese domicilio e non pode posuír outra vivenda en propiedade en todo o territorio nacional. Ademais, ningún outro membro da unidade de convivencia pode posuír outro inmoble habitable no termo municipal.

As solicitudes deben presentarse no departamento de servizos Sociais do Concello e para xustificar os gastos deberá presentarse o documento acreditativo do pago do gasto derivado da propiedade para o que se solicita axuda (recibo) correspondente ao exercicio corrente ou inmediatamente anterior.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -