_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Concello e asociacións asinan os convenios para a xestión dos 18 centros socio culturais municipais

O Concello de Vilagarcía e as asociacións veciñais e culturais de municipio asinaron onte pola tarde os respectivos convenios de colaboración para a xestión dos 18 centros socio culturais de titularidade municipal. Os acordos subscríbense ao abeiro do novo Regulamento de uso e funcionamento das instalacións culturais municipais que entrou en vigor o pasado 29 de setembro. Os colectivos firmantes asumen a xestión, control e conservación dos centros a cambio cunha contraprestación económica de 1.800 euros que o Concello lles dará anualmente para financiar os gastos relacionados co mantemento e funcionamento das instalacións.
29.11.2017.- A sinatura dos 18 convenios levarase a cabo esta tarde no salón de Plenos do Concello nun acto ao que asistirán o alcalde, Alberto Varela e a concelleira de Cultura, Sonia Outón pola parte do Concello e representantes das 18 entidades veciñais e culturais.

Entre os compromisos que deberán cumprir os colectivos xestores atópanse garantir a apertura do centro nun horario mínimo de 3 horas, e sempre polo tempo necesario para a realización das actividades programadas. Se o centro contase con biblioteca, esta deberá permanecer aberta e baixo o control dun adulto nun horario que se pactará en cada caso no convenio de colaboración.
Os colectivos serán os encargados de abrir e pechar o centro, comprobar o correcto funcionamento das instalacións, velar pola conservación das mesmas e do material existente, encargarse da limpeza e vixilancia e dar parte ao Concello de calquera dano, deficiencia, deterioro ou mal estado do material, utensilios ou instalacións.

O convenio tamén recolle que de non ser as propias asociacións usuarias dun mesmo centro quen de dirimir as súas discrepancias sobre a utilización concreta dun espazo común, resolverá a Concellería de Cultura, logo de dar audiencia ás partes. En caso de necesidade xustificada, o Concello resérvase o dereito de modificar os horarios de utilización, por motivos de interese público, previa comunicación aos colectivos. O incumprimento das obrigas citadas nos apartados anteriores poderá implicar e rescisión do convenio de colaboración.

PRIORIDADE DOS ACTOS ELECTORAIS
Dado que os centros socio culturais e casas da cultura actúan como colexios electorais, os convenios tamén prevén que dende o inicio das campañas electorais e ata o día da votación terán preferencia os actos relativos ao proceso electoral sobre calquera actividade programada polas asociacións.

As obrigas do Concello en base a este convenio, aparte da achega dos 1.8000 euros para financiar os gastos vinculados a actividades culturais e de ocio, cursos de formación, equipamento, mobiliario e labores de limpeza desenroladas na Casa de cultura, son reparar os desperfectos e deterioros que polo paso do tempo e como consecuencia dun uso normal se produciran nas instalacións, materiais ou enseres do centro. En canto á xustificación dos gastos, as entidades xestoras deberán presentar un listado dos mesmos no primeiro semestre de cada ano.

APLICABLE CON CARÁCTER RETROACTIVO E PRORROGABLE ANUALMENTE
O presente convenio establécese para o ano 2017 con efectos retroactivos dende o 1 de xaneiro, e será porrogable automaticamente por anos consecutivos se ningunha das partes denuncia o mesmo no prazo dun mes antes da data de vencemento. Ao ser este o primeiro convenio, como norma excepcional as entidades tiveron un prazo máis amplo para xustificar os gastos correspondentes ao ano en curso.

O documento a asinar é un convenio tipo, coa única excepción dos que posúen servizo de cafetería aberta ao público con horario independente ao do funcionamento do centro. Este é o caso do de Vilaxoán. Neste convenio ien concreto especifícase que, dada a natureza comercial da actividade, a súa explotación farase en base a unha concesión administrativa a licitar polo Concello, repercutindo o canon da mesma ao desenvolvemento das actividades do centro sociocultural.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -