_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
Vilagarcía volverá a contar en Nadal co atractivo dunha pista de xeo natural de 360 metros cadrados

O Nadal en Vilagarcía volverá a contar este ano cunha pista de patinaxe sobre xeo como un dos principais atractivos do Fexturrón que o Concello de Vilagarcía, a través das concellerías de Cultura e Promoción Económica, organiza en Fexdega do 15 de decembro ao 7 de xaneiro. Trátase dunha pista de xeo natural de 360 metros cadrados na que os amantes do patinaxe poderán practicar a prezos reducidos. Ademais haberá descontos para grupos unha xornada de portas abertas para centros de educación especial.
28.11.2017.- Aparte da pista propiamente dita, de 30x 12 metros, a instalación do equipamento inclúe valado perimetral, decoración no teito, monitores e persoal de animación e todo o equipo necesario para os usuarios (andadores, cascos protectores, patíns normais e de dobre cuchilla para nenos). A actividade complementarase con obradoiros e actividades de animación e conta co preceptivo seguro de responsabilidade civil.

CRITERIOS ECOLÓXICOS CERTIFICADOS
Ademais de ter xeo natural, a pista que se montará en Fexdega é ecolóxica posto que os seus sistemas inciden no aforro enerxético (consume ata un 40% menos que as pistas de goma), minimiza a cantidade de residuos de embalaxe e usa líquidos refrixerantes ecolóxicos. Todo isto fai que esta instalación conte coa certificación ecolóxica ISO 14001.

A programación completa do Fexturrón presentarase dentro duns días.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -