_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O Concello destina 41.284 euros a ampliar a rede de saneamento na zona de a Granxa-Guillán

O Concello continúa co seu Plan de Mellora do Saneamento municipal, neste caso cunha nova actuación no rural. A obra proxectada consistirá na ampliación da rede na zona de A Granxa, en Guillán, e suporá un investimento de 41.248 euros a financiar con fondos propios do Concello. Os traballos permitirán dotar de servizo a varias vivendas ás que ata o de agora non chegaba a rede, e aproveitaranse para mellorar a recollida de pluviais.
28.11.2017.- A memoria desta actuación no saneamento foi aprobada esta semana pola Xunta Local de Goberno. A nova canalización discorrerá en parte por viais municipais e en parte por terreos privados, por iso con anterioridade o concelleiro de Relacións Veciñais, Lino Mouriño, fixo as xestións oportunas cos propietarios de fincas do lugar para que autorizasen o paso de parte da infraestrutura polas súas terras. Os veciños xa firmaron a cesión do uso dos terreos.

A obra consistirá na instalación dun novo tramo de saneamento para dar servizo a unha zona que carecía do servizo. Ademais de colocar o colector de PVC, que irá conectado co colector existente, construiranse os necesarios pozos de rexistro e realizaranse as conexións de acometidas domiciliarias. Os traballos aproveitaranse tamén para instalar unha canal de drenaxe coa que reforzar a recollida de augas pluviais. Posteriormente procederase á reposición total do firme da praza da Granxa mediante pavimento de formigón.
Tras aprobarse a memoria elaborada polo Enxeñeiro municipal, o expediente pasa ao Servizo de Contratación para proceder a licitar a obra que ten un prazo de execución de 1 mes.

O ANO PASADO AMPLIOUSE A RÚA XABREIRA
No marco de actuacións de mellora levadas a cabo en Guillán nos últimos meses compre salientar a mellora e ampliación da Rúa Xabreira executadas a finais do pasado ano. Con esta obra resolvéronse as deficiencias que presentaba a vía, instalándose canalizacións facéndose cunetas mellorando o firme mediante formigonado. Nesta actuación o Concello investiu 25.800,32 euros tamén financiados a través das arcas municipais.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -