_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Os servizos de Medio Ambiente e sinalización viaria complementan os seus medios con novos vehículos

O Concello de Vilagarcía fixo este ano un especial esforzo en renovar o parque móbil e a maquinaria de diversos servizos municipais. Neste marco, a última adquisición da administración local foi a de tres vehículos destinados a facilitar as labores dos departamentos de Medio Ambiente e de Sinalización Viaria nas que se investiron un total de 45.088 euros. O Concello dispuxo de diferentes subvencións para financiar as compras.
29.11.2017.- O vehículo máis custoso foi a furgoneta de nove prazas destinada a actuacións de protección do medio ambiente e de espazos naturais que leva a cabo a Concellería de Medio Ambiente que dirixe Lino Mouriño. O subministro adxudicouse á empresa Santiago Iglesias por importe de 24.700 euros que se financiaron cunha subvención do Fondo de Compensación Ambiental.

Os outros dous vehículos pasan a mellorar o parque de maquinaria do servizo de Sinalización Viaria. Son unha máquina de sinalización vial e unha cisterna de rego de emulsión asfáltica que foron adxudicadas á firma Baygar S.L. por de 8.772 e 11.616 euros respectivamente. Os dous vehículos financiáronse con subvencións do Plan de Obras e Servizos 2017 da Deputación Provincial de Pontevedra.

A adquisición dos novos vehículos e maquinaria incidirá de forma positiva na prestación das labores que realizan os diferentes servizos municipais, permitindo realizar mellor e máis rápido as tarefas, e tamén nas condicións de traballo dos propios operarios. Nesta mesma liña camiñan outras adquisicións, como un elevador de féretros para o Cemiterio Municipal, tamén subvencionado polo organismo provincial.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -