_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello rende homenaxe á Agrupación Local de Protección Civil no seu 25 aniversario

A Agrupación Local de Protección Civil de Vilagarcía cumpre 25 anos de vida e con tal motivo o Concello de Vilagarcía organiza o sábado unha merecida homenaxe pola intensa e meritoria labor desempeñada polo colectivo de voluntarios durante todos estes anos. O acto institucional estará presidido polo alcalde, Alberto Varela, e terá lugar ás 12:30 horas na Praza da II República. Nel recoñecerase a labor dos voluntarios, das persoas que presidiron á agrupación e dos distintos concelleiros responsables da mesma, así como a dos principais colaboradores. Ao acto asistirán ademais membros da Corporación Municipal.
30.11.2017.- Os principais destinatarios da homenaxe son os propios voluntarios, aos que se lles fará entrega dun diploma recoñecendo a súa labor desinteresada e de servizo á cidadanía. Pero o acto inclúe outros recoñecementos como o que lles renderá aos ex presidentes Eduardo Martínez López e Gonzalo Berride Ferreira. En agradecemento ao traballo conxunto e á colaboración tamén se lles entregará a metopa da agrupación aos Bombeiros do Salnés, os servizo de Emerxencias da Xunta de Galicia, á Garda Civil, Policía Nacional, Policía Local e Grupo La Junquera. Por último, o Concello concederá o pin de ouro aos ex alcaldes Javier Gago, Enrique León, Dolores García e Tomás Fole e aos ex concelleiros de Seguridade Cidadá e Protección Civil José Antonio Cora, Emilio Barreiro, Alejandro Quintela e Cholo Dorgamide.

A celebración son se limitará a este acto, senón que se desenvolverá durante todo o día xa que a agrupación organizará unha xornada de portas abertas co obxecto de que a cidadanía os coñeza aínda máis. Para elo, entre ás 10:30 e as 13:30 horas pola mañá e entre as 16.30 e as 18.30 horas, a Praza da II República converterase case nun parque temático dedicado a Protección Civil. A agrupación disporá na explanada todos os seus vehículos o material máis chamativo. Cómpre lembrar que a agrupación de Vilagarcía é unha das mellores dotadas de Galicia no que a equipamentos se refire. Durante este tempo, os voluntarios realizarán demostracións e tamén explicarán ás persoas interesadas en que consiste a súa labor.

A agrupación de voluntarios de Protección Civil traballa dende hai uns anos ide forma coordinada e integrada co Servizo Municipal de Emerxencias. De feito, o responsable do servizo municipal, Francisco Javier Guiillán Busto, é a súa vez presidente do colectivo no que exerceu como voluntario durante moitos anos.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -