_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
POLICÍA LOCAL
O Concello volverá a solicitar á Xunta o adianto das contratacións de auxiliares de policía ao mes de abril

Como xa se fixo este ano, on Concello de Vilagarcía solicitará á Xunta de Galicia adiantar as contratacións dos auxiliares de Policía que cada ano reforzan os planteis dos concellos turísticos durante a temporada de verán. A intención do goberno local é dispor do persoal de apoio dende o mes de abril, dous meses antes da data habitual, para ir cubrindo as necesidades da garda municipal mermada por xubilacións, prazas vacantes e baixas. A Xunta Local de Goberno aprobou o luns trasladar a petición á Xunta de Galicia.
06.12.2017.- A solicitude do Concello faise en base a situación excepcional do cadro de persoal do Corpo, mermado polas xubilacións e baixas. A intención do Concello e contar con 5 auxiliares dende abril e outros 5 dende maio, en ambos casos e segundo establece a convocatoria da Consellería da Presidencia, por prazo de catro meses.

O adianto das contratacións tamén se fai preciso para cubrir as necesidades que se xeran en Vilagarcía durante a época de Semana Santa e as Festas de Santa Rita, temporadas onde se incrementa tanto os desprazamentos por estrada como o volume de visitantes no municipio.

Na actualidade, o número de efectivos na Policía Local é insuficiente para atender as necesidades dun municipio como Vilagarcía, que medrou moito nas últimas décadas. O aumento de poboación e de tráfico non se acompañou dunha evolución similar de efectivos na garda local que se mantivo sen cambios. Pola contra, a plantilla veuse reducida neses anos debido ás sucesivas xubilacións dos axentes de máis idade sen que as prazas se cubriran. No anterior mandato incluso se chegara a amortizan algunha praza. Para paliar esta carencia de persoal e adaptar o cadro de persoal da Policía ás necesidades da cidade, o goberno local convocou o ano pasado unha oferta pública de emprego para cubrir 3 prazas de axentes. O executivo socialista xa anunciou que nos orzamentos de 2018 incluirán a creación doutras 3 prazas que se cubrirán tan pronto sexa posible.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -