_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
Programada unha nova remesa de melloras nos centros educativos cun investimento de 30.000 euros

O Concello de Vilagarcía, a través da Concellería de Educación que dirixe Argimiro Serén continúa realizando investimentos nos colexios do municipio. Nesta ocasión, os traballos a executar afectarán a catro centros educativos e precisan dun investimento algo superior aos 30.000 euros que financia integramente a administración local. A compra do material foi adxudicada na última reunión da Xunta Local de Goberno á firma Metalúrgica Cuevas, polo que os traballos executaranse tan pronto como se sirvan os elementos necesarios (portas, enreixados, viseiras galvanizadas…).
08.12.2017.- Os traballos que vai a acometer o Concello responden ás necesidades que os equipos directivos dos centros trasladaron a Serán nas reunións de carácter periódico que o concelleiro mantén cos responsables dos colexios e ANPAS.

No colexio Rosalía de Castro vanse a repoñer un tramos do peche metálico exterior que se atopaban moi deteriorados e non podían ser arranxados. No CEIP da Escardia tamén se reporá un tramo de peche, ademais cambiar un portal metálico.

No colexio de Rubiáns tamén é preciso substituír unha porta exterior metálica e no do Piñeiriño reformarase un voadizo do pavillón de deportes para evitar que caia auga sobre a porta principal da instalación deportiva.

O material a subministrar por Cuevas componse de unha porta batente, unha viseira de aceiro galvanizado e paneis sandwich, módulos de reixa de malla electrosoldada e un portal de dúas follas. O custe total do material ascende a 30.078 euros.

Estas actuacións de mantemento dos centros educativos son independentes das labores de posta a punto que o Concello fai todos os anos durante os meses de verán. Antes destes traballos, xa se acometeu outra obra similar no Anexo A lomba, neste caso para mellorar a seguridade do centro. Consistiu na elevación do portal de entrada e dos laterais da verxa para evitar a entrada de persoas alleas que accedían ao recinto polas noites saltando a porta e que realizaban estragos. Dentro desta mesma actuación, que contou cun investimento de 4.458 euros, tamén se resolveron os problemas de recollida de pluviais da cuberta do patio exterior.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -