_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A Corporación celebra un pleno extraordinario para abordar a alegación de Espina contra ordenanza da auga

A Corporación Municipal de Vilagarcía reunirase o venres, 15 de decembro, ás 10:30 horas para celebrar un Pleno extraordinario co obxecto de abordar a alegación presentada pola concesionaria do servizo de abastecemento de auga, Espina e Delfín, contra o artigo 9 da ordenanza reguladora da taxa por subministro de auga potable. A empresa pretende seguir repercutindo nas tarifas que pagan os cidadáns investimentos que o Concello considera que xa están amortizados. Conforme aos informes do Departamento de Tesourería, o goberno proporá desestimar a alegación de xeito que os cidadáns poidan ver reducido o importe do recibo da auga a partir de xaneiro de 2018.
12.12.2013.- O Concello aprobou o pasado mes de outubro de forma provisional a revisión das ordenanzas fiscais a aplicar en 2018. Segundo os estudos dos técnicos municipais, en 2017 completouse a amortización das obras de mellora da infraestrutura de abastecemento comprometido en 2004 e que financiou Espina por importe de 317.795 euros que a concesionaria estaba repercutindo nas tarifas dos usuarios. En vista de que a amortización xa se completa, de cara ao 2018 a ordenanza aprobada inicialmente prevé a eliminación das porcentaxes engadidas aos recibos para compensar o investimento. Deste xeito, os cidadáns verían reducir o importe a pagar polo subministro de auga xa a partir de xaneiro de 2018.

Independentemente do feito de a empresa xa teña recuperados eses cartos, Espina recorre ao acordo plenario polo que no ano 2006 se lles concedeu a prórroga da concesión durante 20 anos máis para demandar o mantemento das tarifas que se viñan aplicando ata o de agora (incluídas as porcentaxes de amortización) ata o vencemento do contrato, en 2026.

Nese acordo aprobouse prorrogar a concesión a cambio de que a concesionaria asumise a parte do proxecto de mellora da rede de abastecemento que ían cofinanciar Concello e Augas de Galicia. A única contraprestación polo investimento de 1.324.180 euros eran os 20 anos de ampliación de contrato, deixando constancia no mesmo que o gasto non se podería repercutir no usuario vía tarifa, que se manterían sen cambios. A este último matiz é ao que agora se aferra Espina y Delfín para demandar que as tarifas se manteñan tal cual ata 2026.

Tanto o Departamento de Tesourería como o goberno, entenden que as porcentaxes de amortización, unha vez que xa se recuperou o importe dos investimentos, non forman parte da tarifa de abastecemento e consumo de auga, de aí que se propoña desestimar a alegación e, consecuentemente, aprobar de forma definitiva a Ordenanza de abastecemento de auga nos termos nos que a Corporación os aprobou o pasado mes de outubro.

BAIXA DO RECIBO DA AUGA EN TODAS AS MODALIDADES

A postura do goberno local beneficiará a todos os veciños de Vilagarcía posto que, ao eliminar as porcentaxes de amortización aplicados dende 2005 a 2017, o importe do recibo baixará. De feito, segundo a proposta municipal o prezo do metro cúbico de auga potable redúcese do seguinte xeito:

USO ANO 2017 ANO 2018

Doméstico 0’42 euros/m3 0’31 euros/m3
Comercial 0’50 0’38
Industrial 0’50 0’38
Obras 0’51 0’40



Por outro lado, no Pleno do venres tomará posesión da acta de concelleiro do grupo popular, Manuel Méndez, para cubrir a vacante de Tomás Fole.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -