_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
O Fexturrón regresa en Nadal con actividades de animación, pista de xeo, tirolina, karts e máis atraccións

Fexdega volverá a ser escenario este Nadal do Fexturrón, o programa de actividades lúdicas para público familiar organizado polo Concello de Vilagarcía. A edición deste ano volve a contar coa pista de patinaxe sobre xeo, á que se engaden novas e divertidas atraccións como unha tirolina ou un circuíto de karts. Tamén haberá un amplo programa de actividades de animación e ata un torneo de fútbol. O Fexturrón funcionará do 15 de decembro ao 7 de xaneiro. As atraccións terán prezos moi reducidos e os obradoiros e actividades de animación serán de balde.
13.12.2017.- O Fexturrón é unha feira de ocio que organiza e financia o Concello a través das Concellerías de Cultura e de Promoción Económica. O evento componse de 3 bloques diferenciado: O Arousa Park que levarán a cabo dous emrpendedores locais; a pista de e as actividades de animación que desenvolverá a empresa Camareroe, por último o torneo de fútbol que corre dan man do Arousa Fútbol 7.

O Arosa Park inclúe autos de choque, inchables, cama elástica, cadeas, scalextric, dragón e simulador virtual en 6D. Ademais, este ano engádense tres novas atraccións. Son coches de batería para nenos pequenos, unha tirolina e unha pista de karts. Estas dúas últimas instalaranse na zona exterior do recinto.

Todas as atraccións do Arousa Park serán de pago. Por 6 euros obteranse 8 tickets que se poden repartir entre diferentes nenos e que se poderán utilizar durante todo o Fexturrón, posto que non caducan. As viaxes custan un ticket na maior parte das atraccións.

HORARIOS

Arosa Park abrirá todos os días en horario de tarde (de 17 a 21 horas) excepto os días 24 e 31 de decembro e o 5 de xaneiro, que será de 17 a 19:30 horas.

A pista de xeo abrirá o sábado 16 de funcionará ata o día 7 de xaneiro. O horario xeral será de 11 a 14 horas e de 16.30 a 22.30 horas, coas excepcións dos días 24 e 31 de decembro, que funcionará ininterrompidamente de 11 a 19.00 horas e o 25 de decembro e o 1 de xaneiro que o fará de 17 a 22:30 horas. As mañás dos días 18 e 22 de decembro están reservadas para as visitas de centros escolares.

A pista de patinaxe ten unha superficie de 360 metros cadrados e é de xeo natural e ecolóxica, en canto que ten un baixo consumo de enerxía. Cunha entrada de 6 euros pódese patinar durante unha sesión única 45 minutos e existe a opción da tarifa plana de 10 euros para unha sesión única de tempo ilimitado. As entradas inclúen o aluguer de patíns e ofértanse descontos para grupos e centros escolares. É obrigatorio o uso de luvas dentro da pista. Pódense levar ou adquirir alí por 1.50 euros.

A empresa Camareiro monta e xestiona a pista de xeo e tamén é a encargada de desenvolver as actividades de animación que se levarán a cabo cada tarde no Fexturrón e cuxa participación será de balde para todos os nenos e nenas. Haberá obradoiros de maquillaxe, cociña e refugallo, elaboración da carta a Papa Noel e aos reis Magos, Buzos real, animación con personaxes, contacontos, xogoteca e moito máis.

Por último, o deporte tamén terá cabida no Fexturrón. Igual que na pasada edición, o Arousa Fútbol 7 organizará un torneo de fútbol os días 29 e 30 de decembro con partidos dende as 9 da mañá ás 22 horas.

FAVORECER A MÁXIMA PARTICIPACIÓN

O 90% das actividades do Fexturrón celébranse no interior do pavillón de Fexdega co obxecto de que os nenos e nenas poidan gozar das atraccións e actividades durante as vacacións de Nadal independentemente das condicións meteorolóxicas do inverno. Ademais, o Concello pretende que todos os cativos poidan participar desta gran festa, por iso programáronse actividades de animación gratuítas para todas as tardes e as atraccións de pago terán prezos moi reducidos, xa que o viaxe sae pola cuarta parte do que custa en calquera festa.

XORNADA DE INCLUSIÓN

E no marco das políticas de inclusión que promove o Concello, Arosa Park terá unha xornada solidaria destinada aos nenos e nenas de colectivos con necesidades especiais. As atraccións abrirán o luns 18 pola mañá, de 11 a 13 horas, para os usuarios do Centro de Educación Especial de Vilagarcía, de BATA, Con Eles e Reina Letizia. Os organizadores do Arousa Park organizaron esta xornada tras consultar cos monitores dos centros, optando por facela exclusiva para eles posto que moitos dos nenos e nenas teñen problemas de mobilidade e unhas necesidades concretas que fan necesario o acompañamento de un ou varios monitores para poder acceder e gozar das atraccións comodamente e sen riscos. Deste xeito todos estes rapaces, independentemente de presentar autismo, parálise cerebral ou calquera outra doenza destas características pode gozar como calquera outro das atraccións e destas entrañables festas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -