_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
MEDIO AMBIENTE
Concello, comercio e hostalería premian aos vilagarciáns que aporten pola reciclaxe a través da Tropa Verde

A Concellería de Medio Ambiente Vilagarcía quere seguir potenciando a reciclaxe no municipio co obxecto de incidir na mellora da xestión de residuos sólidos e no coidado do medio. E para animar aos cidadáns a reciclar todo o posible,o departamento que dirixe Lino Mouriño, en colaboración coa empresa Teimas Desenvolvemento pon en marcha a “ Tropa Verde”, un proxecto que premiará con entradas a espectáculos, descontos en comercios e locais de hostalería e outros agasallos, aos veciños que máis reciclen. Comerciantes de Zona Aberta e hostaleiros de Ahituvi colaboran na iniciativa.
14.12.2017.- Na posta en marcha da iniciativa a Tropa Verde conta xa con 36 establecementos colaboradores e 50 usuarios. A participación no programa é moi sinxela. Basta con acceder a web http://www.tropaverde.org para inscribirse como participante. A partir de aí, cada vez que un participante leve residuos aos puntos de recollida establecidos obterá un cheque cun código que, ao introducilo na web, sumará puntos estrela na conta do usuario que logo poderá trocar estes puntos por descontos e ou produtos nos establecementos comerciais e hostaleiros adscritos, así como no Concello que participa con entradas para espectáculos culturais na cidade.

As recompensas que reciben os recicladores inclúense en oito categorías diferentes: hostalería, comercio, cultura, concello, deporte, saúde, infantil e estética. Entre elas pódense atopar dende cortes de pelo de balde ata descontos en tendas de moda, pasando por colaboradores que regalan velas, racións de comida, agasallos sorpresa, etc…

Os establecementos que inicialmente xa participan na Tropa Verde con La Malquerida, La Tienda, Mi Mode, Madison AV, Chicas.com, Allurée, Ondas, Asociación Zona Aberta, Centro de Fisioterapia Raquel Balsera, Mike Barber Shop, Catro ventos editora, Siro’s Multitiendas, Multiópticas Vilagarcía, General Óptica, Gosende, Mobu Deportes, La Gemea, mandala, Froitas a Hortiña, Pequeña Coquetiña, Succa Complementos, D’PE Zapatillerías, Floristería Arco Iris, Babies Box, Tenda Galega Bembo, Gadis, Floristería Fentos, Novedades Charo, J?KIDS, Cosméticos Paris, La Peluquería, Cocoe Moda, Atlántida, Tximeleta e Vilagarcía Kyoto.

Os lugares a onde se poden levar residuos para gañar estrelas coas que canxear polas recompensas son:

O Punto Limpo de Pinar do Rei, como emisor de cheques e os baixos do Auditorio Municipal, onde se crea un punto de recollida de pequenos aparellos eléctricos que funcionará de luns a xoves de 14:15 a 15 horas e os venres de 13.30 a 14.45 horas. Tamén os usuarios dom plan de compostaxe individual recibirán cheques do Concello cada vez que vaian a recoller o estruturante aos baixos do Concello, para o cal se establece o horario de 13.30 a 14.15 horas de luns a venres.

O Concello tamén habilita mini puntos limpos na cidade onde se poden depositar determinado tipo de residuos, sempre que se faga unha foto facendo esta actividade de reciclaxe e se envíe á Tropa Verde a través das redes sociais ou do correo info@tropaverde.org . Este mesmo sistema poderán utilizalo as persoas que depositen roupa nos colectores de Cáritas.
Polo bo uso do servizo municipal de recollida de voluminosos, que o Concello presta a través de Cespa o primeiro e terceiro martes de cada mes, tamén recibirá un cheque con 30 estrelas. Para facer uso deste servizo debe contactarse previamente cona concesionaria a través do teléfono 986 501617.
Máis info en http://www.tropaverde.org
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Ene 2018  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2018. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -