_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
As rúas Rey Daviña, Romero Ortiz e Méndez Núñez estrearán bancos por Nadal

Os traballos contratados polo Concello para arranxar os deteriorados bancos das rúas Rey Daviña, Romero Ortíz e Méndez Núñez comezaron onte polo que estas zonas peonís disporán dos novos elementos durante as festas de Nadal. A empresa adxudicataria da obra xa empezou a desmontar algúns dos asentos para proceder ao acondicionamento dos pés e estruturas de aceiro e á substitución das pezas de madeira. A actuación ten un orzamento que ronda os 15.000 euros que se financian con fondos propios do Concello a través da partida de mobiliario urbano.
15.12.2017.- A intervención era moi necesaria debido ao deterioro no que se atopan os elementos de madeira dos bancos instalados hai 8 anos, cando se levaron a cabo as peatonalizacións e humanización das devanditas rúas por parte do goberno presidido por Dolores García. O intensivo uso dos mesmos, unido á humidade propia da climatoloxía á que estiveron sometidos durante estes anos, son á principal causa do deterioro que sofría a madeira, rebrandecida con síntomas de podremia debido á humidade, astelada e, nalgún caso, coa rotura de pezas como consecuencia de actos vandálicos.

A actuación que acaba de comezar consistirá na substitución integral dos elementos de madeira que forman os asentos e os respaldos dos 11 bancos (3 lineais e 8 con forma de “L”). As estruturas de aceiro cortén mantéñense e a reparación farase in situ para non afectar ao pavimento ao no ter que levantar e volver a colocar os soportes e ancoraxes. Para elo, as pezas de madeira xa se están e cortando en taller segundo as medidas de cada banco.

Utilizarse madeira de Iroko por tratarse dun material de contrastado comportamento e durabilidade en ambientes exteriores e en climas como o galego. Ademais, a madeira tratarase con aceites impermeabilizantes.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -