_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Vilagarcía protagoniza o programa Gastrópodos que se emite este sábado na TVG

Vilagarcía será a protagonista principal do concurso gastronómico da TVG “Gastrópodos” que a canle autonómica emite mañá, sábado 16 de decembro, ás 19.15 horas. O programa rodado en verán ten como escenarios principais diferentes enclaves da cidade, como a Praza de Abastos, a Praia Compostela, o Porto, a Rúa da Baldosa e Cortegada e mesmo os praceiros e as xogadoras do club de baloncesto Cortegada terán un papel principal.
15.12.2017.- O de Vilagarcía será o sétimo programa na emisión desta terceira tempada de Gastrópodos. O concurso, ademais de mostrar lugares representativos da cidade (Praia de Compostela, o porto, Rúa da Baldosa, Cortegada ...) tamén conta coa participación dos comerciantes da Praza de Abastos que promocionan a calidade e variedade dos productos que se ofrecen no mercado público de Vilagarcía.

Por outro lado, programa conta cun xurado moi especial, xa que serán membros 4e xogadoras do Clube de Baloncesto Kemegal- AD Cortegada os que exerzan como tal. A súa intervención farase cunha peza de presentación gravada en Fontecarmoa e despois no momento da cata e votación do mellor prato.

O concurso da TVG súmase ás numerosas gravacións que se están desenvolvendo nos últimos tempos en Vilagarcía e que o Concello trata de promover co obxecto de promocionar a nosa cidade a nivel turístico aproveitando o ámbito de difusión e o impacto que teñen este tipo de programas ou series. Ademais do concurso “Gastropodos” hai que lembrar que Vi8lagarcía tamén serviu de escenario para series como “Dalia, a costureira”, da TVG ou “Vivir sin permiso” de Telecinco, por citar so algunhas.

A partir do luns, o programa estará colgado na web na seguinte ligazón:
http://www.crtvg.es/tvg/programas/gastropodos
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -