CONCELLO
Dinosaurios do xurásico invadirán o auditorio no espectáculo familiar do domingo pola tarde O Auditorio Municipal de Vilagarcia converterase o domingo pola tarde nun gran Parque Xurásico no que dinosaurios de todo tipo camparán as súas anchas. Será grazas a “Jurásico. La isla perdida”, un espectáculo que sorprenderá a toda a familia pola impresionante posta en escena e o uso de efectos especiais. A función comezará as 17:30 hora. O prezo das entradas vai dos 15 aos 22 euros e pódense adquirir anticipadamente a través da web http://www.ticketea.com ou do teléfono 902 044 226 (máis custes de xestión) ou o día da función na billeteira do Auditorio a partir das 15:30 horas.
15.12.2017.- “Jurásico. La isla perdida” chaga a España despois dunha exitosa xira por distintos países de Europa. Tratase dun novo concepto de espectáculo familiar onde se combina cultura, divertimento, ecoloxía, tecnoloxía, teatro e audiovisuais. Unha completa experiencia teatral de 65 minutos de duración.
SINOPSIS
O intrépido veterinario de especies tropicais Paco Cuesta verase interrompido na presentación do primeiro laboratorio transxénico para especies grandes pola presentadora de televisión Casandra Ramires. Este feito derivará nunha serie de catastróficas e divertidas escenas onde os protagonistas teñen que ir en busca dos dinosaurios que nun desdichado descoido, Casandra libera das súas habita-gaiolas.
A partir de aí encadéanse situacións verdadeiramente cómicas nas que os actores interactúan cos nenos. Pero tamén haberá momentos de perigo co primeiro voo dunha avioneta dentro dun teatro, dentro dunha gaiola chea de seres vivos aínda por descubrir. Deste xeito e pouco a pouco o público vai aprendendo como se ten que comportar cando chegue o contacto real cos dinosaurios do show.
Accidentes, fallos técnicos, escapadas, tormentas e moitos efectos especiais, transportarán ao público a unha alucinante aventura chea de tenrura, cos nacementos dos primeiros bebés dinosaurio en liberdade e en plena natureza, emitido en directo por streaming.