_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O alcalde cita á Plataforma en Defensa da Ría para abordar o proxecto para a reapertura da mina de Touro

A intención da Xunta de Galicia de permitir a reapertura da mina de cobre Touro xerou preocupación no seo do grupo de goberno de Vilagarcía que teme polas repercusións negativas que a explotación pode ter no medio ambiente e no marisqueo da zona. Por esta razón, o alcalde, Alberto Varela, citou aos representantes da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa a unha reunión para abordar o tema e poñer de manifesto o apoio do executivo socialista ás iniciativas que poña en marcha o colectivo para tratar de frear o reinicio da explotación mineira.
15.12.2017.- O encontro do alcalde cos representantes da Plataforma terá lugar o vindeiro mércores, ás 18.30 horas. Dado que a Corporación municipal de Vilagarcía aprobou o pasado mes de outubro unha moción en contra da reapertura das minas de cobre, o rexedor tamén convocou aos voceiros da oposición a encontro posterior coa Plataforma co obxecto de que o resto dos grupos tamén se sumen a estas reivindicacións. Esta xuntanza terá lugar unha vez rematada a entrevista co alcalde, é dicir, o mércores ás 19:00 horas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -