_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
O concello establece vídeo conferencias con Laponia para que os escolares falen en directo con Papa Noel

Unha morea de nenos e nenas de Vilagarcía terán a oportunidade este Nadal de falar directamente e en directo con Papa Noel. Debido á elevada demanda que existía por parte dos centros educativos para asistir á vídeo conferencia que dende hai oito anos realiza a Rede CeMIT a través da aula do centro municipal de Matosinhos, o Concello, a través das concellerías de educación e de Formación e Emprego, decidiu ampliar o programa organizando por conta propia novas conexións coa aldea situada no Círculo Polar Ártico para que ningún neno e nena que desexe falar con papa Noel se quede sen facelo. As vídeo conferencioas municipais celebraranse o luns e o martes, e as do CeMIT o mércores.
16.12.2017.- Utilizarase o sistema do Centro de Formación en Matosinhos da aula CeMIT (onde se atoparán as nenas e nenos dos colexios de Vilagarcía), dende onde se levará a cabo a conexión coa casa de Papa Noel en Laponia, para o cal se conta coa colaboración de varios departamentos e persoal do Concello dende Ravella.



O Concello realizará catro conexión o luns pola mañá ás que asistirán tres grupos do CEIP A Lomba e un do Arealonga. Os escolares estarán, como xa se dixo, nas aulas do Cemit, no Centro de Matosinhos. O martes realizaranse tres sesión máis coa asistencia de alumnos do colexio San Francisco e do Centro de Educación Especial de Marxión.

Por último, e xa a través do programa da Xunta, o CEMIT organiza dúas sesións o mércores para alumnos do Vagalume e do centro de BATA.

Dada a relevancia destas conexión internacionais con Laponia, o programa "A Revista" da TVG emitirá en directo a última das vídeo conferencias do luns.

O programa é o seguinte:



CeMIT + Laponia (Concello)
Os centros participantes serán:

Luns 18.12.17
- 10:00h: CEIP A Lomba
- 10:30h: CEIP A Lomba
- 11:00h: CEIP A Lomba
- 12:30h: CEIP Arealonga

Martes 19.12.17
- 10:00h: CPR San Francisco
- 10:30h: CRP San Francisco
- 11:00h: CEE Vilagarcía de Arousa


CeMIT + Laponia (Xunta de Galicia - Santiago de Compostela)
Os centros participantes serán
Mércores 20.12.17
- 12:00h: EEI Vagalume
- 13:00h: Asociación BATA
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -