COMERCIO E INDUSTRIA
O Concello colabora co comercio cunha campaña de Nadal que vestira de vermello as entradas dos locais A Concellería de Promoción Económica vai desenvolver nos vindeiros días unha Campaña de Nadal para a dinamización do comercio local consistente no reparto de alfombras decorativas que engalanen a entrada dos establecementos. Con esta iniciativa, o departamento que dirixe Juan Antonio Pérez callón, pretende promocionar o pequeno comercio e incentivar as vendas durante a temporada de Nadal, unha das máis importantes do ano para o sector.
16.12.2017.- A campaña municipal enmárcase na estratexia comercial e de márketing que sigue o sector coa decoración escaparates e locais con motivos propios destas festas, pero da un paso máis levando a ambientación de Nadal ata a mesma porta dos establecementos co obxecto de atraer a atención e invitar á clientela a entrar neles.
As alfombiñas son de cor vermello e levan pintado o logotipo do Concello. Disponse de 300 unidades que xa comezaron a distribuírse onte de xeito gratuíto. A campaña está aberta a todo o comercio local e os interesados en decorar a entrada do seu comercio con esta moqueta de Nadal deberán pasar a recollela na tende de Revitex, sita na Rúa Juan Carlos I nº 21 baixo.