_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
A firma ATL encargarase das labores de inspección tributaria do Concello durante dous anos

A Xunta Local de Goberno acordou na reunión de hoxe adxudicar á empresa ATL- Asesoramento Tributario Local S.L. o servizo de colaboración en materia de inspección tributaria do Concello. A firma revisará os censos das principais ordenanzas fiscais para garantir o cobro dos recibos impagados nos últimos exercicios. A medida proposta pola concelleira de Facenda, Luz Abalo, busca optimizar a recadación de ingresos do Concello e tamén acabar coa inxustiza que supón que haxa empresas e persoas que non cumpren coa súa obriga de contribuír aos gastos públicos, pero que se benefician do que si aportan os demais.
O contrato adxudicado hoxe terá unha duración de 2 anos e non suporá custe algún para as arcas municipais, xa que ATL cobrará o 8,9% do que logre ingresar o Concello a través das inspeccións. Catro firmas presentaron oferta para facerse co servizo de inspección tributaria, sendo a de ATL a máis vantaxosa para o Concello. A contratación dunha colaboración externa para levar a cabo a inspección tributaria dasm taxas é un sistema que os distintos gobernos veñen utilizando en Vilagarcía dende hai décadas.

A contratación desta colaboración realízase despois dos resultados altamente positivos que acadou a inspección desenvolvida en 2016 e que afectou á Ordenanza Taxa por uso Privativo ou Aproveitamento Especial do Dominio Público no apartado relativo ás grandes compañías comercializadoras de electricidade, gas, teléfono e internet por redes fixas que operan no municipio. A revisión desta taxa abarcou os exercicios de 2011 a 2014 (incluídos) e saldouse co ingreso de 282.640 euros correspondentes á correcta aplicación da porcentaxe do 1,5% sobre o facturado polas empresas en Vilagarcía. Coa inspección descubriuse que moitas compañías declaraban facturacións inferiores ás reais e que outras ni tan sequera estaban aboando a taxa.

A inspección tributaria é unha das medidas postas en marcha polo goberno que preside Alberto Varela para manter saneada a economía local de xeito que se poidan desenvolver políticas sociais tendentes a axudar aos colectivos máis vulnerables ou desfavorecidos. De feito, consciente de que a longa crise económica golpeou máis forte ás economías máis débiles, dende o principio do seu mandato, o executivo socialista está a desenvolver unha política fiscal que alivie a carga das familias e das persoas con menos recursos. Para iso optouse por conxelar as taxas que afectan maiormente aos veciños de a pé e pola redución do tipo impositivo do IBI durante tres anos consecutivos e a crear unha bolsa para axudar a pagalo a quen máis o necesita. Pero para manter todo iso é necesario dispor de ingresos, de aí que se trate de optimizar a recadación dos tributos logrando que todo o mundo contribúa.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2018  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2018. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -