_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Vilagarcía disporá en 2018 de 357.203 euros para subvencionar a rehabilitación de edificios nas tres ARIs

O Concello de Vilagarcía disporá en 2018 de un total de 357.203 euros para destinar a financiar proxectos de rehabilitación de edificios nas Áres de Rehabilitación Integral (ARIs) de Carril, Vilaxoán e Vilagarcía. A administración local asinou hai unas semanas o convenio de colaboración co Ministerio de Fomento e a Xunta de Galicia para esta nova fase de recuperación dos cascos históricos do municipio. O prazo para tramitar a solicitude das axudas abrirase a principios de ano.
19.12.2017.- Segundo o convenio para o ano 2018, o Estado é a administración que fai unha achega maior ao convenio con 193.806 euros, seguido do Concello, con 85.230 e a Xunta que aporta 78.167 euros. A suma total, os 357.203 euros, repartiranse a partes iguais entre os tres núcleos, polo que cada un deles contará con 119.067 euros para subvencionar proxectos de rehabilitación ou mellora das condicións de habitabilidade dos edificios situados dentro das zonas delimitadas como ARI. Segundo o convenio, a previsión é financiar 18 proxectos, seis para cada casco.

Aínda que a suma do convenio para 2018 é inferior ás que se recibían hai uns anos, o Concello acolle con satisfacción a sinatura deste novo convenio xa que en 2017 non se contara con el, limitándose os fondos para subvención aao remanente resultante do exercicio 2016. Con estes sobrantes, este ano lográronse executar dous proxectos de rehabilitación en Vilaxoán.

Con esta liña de axudas a través das ARIs contribúese a recuperar e conservar o patrimonio arquitectónico dos núcleos históricos do municipio, a mellorar as condicións de vida dos seus habitantes e a favorecer a dinamización destas zonas.

Aínda que nos primeiros anos de desenvolvemento das ARIs os proxectos correspondíanse con obras de rehabilitación integral de edificios, dende hai uns anos as actuacións demandadas corresponden a obras menores. De feito, a maioría dos proxectos subvencionados nos últimos anos enmárcanse principalmente no apartado de mellora da eficiencia enerxética e da estanquidade dos edificios, no que se inclúen obras de substitución de cuberta, illamento de fachada, mellora do acabado exterior, substitución das carpinterías exteriores, restauración de fachada ou obras para acabar con humidades e filtracións. Outro dos apartados para o que se solicitan axudas é para adecuación dos inmobles máis antigos ás condicións hixiénicas e de habitabilidade, renovación da fontanería, saneamento e calefacción.

As persoas que dispoñan de propiedades nas ARIs de Vilaxoán, Carril ou Vilagarcía e desexen levar a cabo proxectos de rehabilitación ou mellora poderán dirixirse a Oficina Municipal de Rehabilitación, sita en Fexdega, para solicitar información. Será tamén nestas dependencias onde lles axuden a tramitar a solicitude das axudas, o cal poderá facerse a partir de principios de ano e ata o 16 de marzo.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -