_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
O Concello inviste 34.200 euros no arranxo da pista deportiva de Trabanca Badiña e na mellora da contorna

A pista deportiva de Trabanca Badiña e a súa contorna serán obxecto dunha actuación de mellora no que o Concello investirá un total de 34.200 euros. A parte do proxecto que afecta aos valado do parque e mellora da zona deportiva acometerá a directamente o persoal de Parques e Xardíns, mentres que a obra de urbanización será contratada a unha empresa. A actuación prevé a instalación dunha rede protectora na cancha, no remate da beirarrúa na Rúa 1º de Maio, na mellora da rede de pluviais e no reforzo do talude.
20.12.2016.- A Xunta Local de Goberno aprobou a compra do material necesario para acometer os traballos que levará a cabo directamente o Concello cun investimento de 5.404 euros. Os materiais aínda non foron subministrados na súa totalidade, pero o persoal de Parques e Xardíns iniciou hai uns días as labores previas colocando o entramado metálico que soportará o novo valado de madeira que delimitará a área recreativa. Ademais, instalarase unha maia alta ao redor de toda a cancha para evitar a saída de balóns e tamén se porá unha vaia protectora para evitar caídas cara a parte da rúa que da á parada de autobús.

A obra máis importante, a da mellora da urbanización no contorno do parque, será executada por unha empresa. O proceso de contratación rematará nos vindeiros días coa adxudicación dos traballos recollidos na memoria elaborada polo Enxeñeiro do Concello e que teñen un prezo de licitación de 28.899 euros.
O proxecto ten tres partes. Por un lado construirase unha canalización para recoller as augas procedentes do lavadoiro e da pista que se conectará cun pozo de rexistro da rede de pluviais. En segundo lugar, completarase a urbanización da beirarrúa da rúa 1º de Maio no fronte que da á pista. Para elo, prolongarase a rede de pluviais coa instalación de colector e pozos de rexistro para a recollida das augas procedentes da parte norte da pista e do vial. Tamén se rematará e acondicionará a beirarrúa con pavimento continuo de formigón.

A última parte do proxecto consistirá no reforzo e protección do talude que salva o desnivel existente entre a área de recreo de Trabanca Badiña e a parcela colindante.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Ene 2018  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2018. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -