_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
EDUCACIÓN
Cento dez estudantes recibiron axudas municipais para cursar estudos universitarios ou ciclos superiores

O Concello de Vilagarcía concedeu este ano bolsas de estudos a un total de 110 estudantes universitarios e de ciclos superiores. En total distribuíronse 40.000 euros en axudas de 400 euros para os alumnos de universidade e de 200 para os de ciclos superiores de FP e UNED. Esta liña de axudas foi creada o ano pasado polo goberno socialista co obxectivo de contribuír ao sostemento dos gastos dos estudios daquelas familias con ingresos máis baixos. Na primeira edición distribuíronse 36.000 euros, partida ampliada este ano ata os 40.000 co obxectivo de chagar a máis alumnos.
25.12.2017.- Nesta ocasión, a meirande parte das bolsas foron para estudos universitarios ou similares, un total de 91, fronte as 19 restantes que corresponderon a alumnos de cursos de Ciclos Superiores de FP ou da UNED.

As bolsas de estudos fináncianse a partes iguais entre as concellería de Educación e a de Benestar Social. O goberno que preside Alberto Varela creou o ano pasado estas bolsas en vista dunha realidade social que estaba acontecer como consecuencia da crise económica que estaba a dificulta er mesmo impedir que os fillos de familias con rendas máis baixas ou cuxos proxenitores quedaron sen traballo, puideran seguir estudando. Por iso as bolsas s concédense en función ao nivel de renda.

Unha novidade aplicada este ano como requisito para recibir as bolsas foi que os beneficiarios tiveran superado, polo menos, o 50% das materias do curso nas que estivera matriculado o curso anterior.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2018  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2018. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -