_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A rexeneración de Almirante Fontán comezará coa demolición do esqueleto dunha obra inacabada

Tal como anunciara en primavera, o goberno local ten previsto rexenerar e mellorar a imaxe da rúa Almirante Fontán, en Vilaxoán. A primeira medida para conseguir este obxectivo será demoler a antiga estrutura dun edificio inacabado que se sitúa ao final da rúa. A obra, que conta cun orzamento de 39.203 euros, xa se sacou a licitación en son 10 as empresas que optan a executala. A demolición do esqueleto do edificio inconcluso durante anos financiarase con fondos provinciais correspondentes ao POS 2017.
25.12.2017.- A estrutura de formigón levantada hai anos e que nunca chegou a acabarse é un claro exemplo de feísmo urbanístico que degrada considerablemente a imaxe desta rúa de Vuilaxoán. Pero ademais, un perigo para os nenos e nenas que xogan na zona debido ao seu mal estado, á presenza de ferros ao descuberto e de buracos nas placas.

Coa demolición que se levará a cabo en cuestión de semanas, a parcela de propiedade municipal quedará completamente despexada polo que se gaña un novo espazo para o uso, público. De feito, a intención do goberno local é continuar a rexeneración desta zona, cunha actuación posterior de acondicionamento dos terreos como zona de recreo e esparexemento da que poderán gozar os numerosos veciños dos bloques situados nesa rúa, así como os rapaces usuarios do centro da asociación BATA alí emprazado e todos os veciños do Freixo.

O Concello ten previsto executar de xeito inmediato en Vilaxoán outra obra con cargo aos fondos provinciais. Trátase da reposición da cuberta e pintado da Praza de Abastos, obra que tamén se atopa en proceso de licitación cun orzamento de 50.397 euros e á cal optan 14 empresas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -