_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A mellora do centro socio cultural de Rubiáns esperta o interese de 15 empresas

O Concello de Vilagarcía vai investir 101.000 euros na mellora do centro socio cultural de Rubiáns, unha importante obra que espertou o interese dun total de 15 empresas que presentaron ofertas durante o proceso de licitación. O proxecto prevé a renovación da cuberta do edificio, a mellora da instalación de recollida de pluviais, a resolución de filtracións, o arranxo de humidades e outras melloras nas instalacións.
26.12.2017.- O prazo de presentación de ofertas concluíu o venres, polo que a partires de agora comezará o proceso de comprobación de documentación e elaboración de informes por parte dos servizos técnicos co obxecto de avaliar cada unha das propostas para a posterior adxudicación dos traballos. Dada a cantidade de ofertas, o proceso aínda tardará unhas semanas en completarse.

Os 101.000 euros que precisan estas obras fináncianse con fondos propios do Concello, a través dos fondos reservados no orzamento municipal de 2017 para o plan de mellora e conservación dos centros socio culturais do municipio. Sen lugar a dúbidas, a actuación que se vai a acometer en Rubiáns é a máis importante tanto no que a investimento se refire como ao calado da mesma.

Como se sabe, as instalación socio culturais de Rubiáns, que xa requirían dunha reforma, véronse gravemente afectadas o pasado inverno polo efectos dun temporal, o que empeorou aínda máis a súa situación. Como o vento levantara patre da cuberta, para evitar males maiores e facilitar que os veciños puidesen continuar usando o centro, o Concello acometeu unha obra provisional mentres se avaliaban todos os danos e se redactaba o conseguinte proxecto que se vai a contratar agora.


A principal actuación do recollida neste proxecto é a reparación integral da cuberta e canaletas polas que filtra auga ao interior do edificio, para o cal se substituirán os elementos danados polo temporal. Tamén se instalarán recercados exteriores en toda a carpintería da fachada suroeste polas que se filtraba auga debido a selados incorrectos e comprobarase o estado do resto da carpintería.

Ademais, repararanse os revestimentos e acabados exteriores en teito e porche, el mal estado polas filtracións procedentes da cuberta e xa no interior do centro, arranxarase os falsos teitos e as paredes que tamén se viron afectadas polas humidades.

PROTECCIÓN NAS FIESTRAS
Por último, repararanse as luminarias exteriores e interiores e prevese a instalación de rexas nalgunhas das fiestras exteriores co obxecto de impedir o acceso e furtos que se estaban a rexistrar cada certo tempo no centro cultural.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -